Como cada mércores traballamos co xornal na aula, comentando aquelas noticias que nos chaman a atención ou que están relacionadas co traballo que realizado na aula.
Na aula realizamos dúas actividades de práctica de reciclaxe: Clasificamos imaxes en función do material e pegámolas no contedor amarelo ou azul. Clasificamos o lixo da aula e colocámolo no contedor amarelo ou azul.
Hoxe saímos a tirar plástico ao contedor que hai preto do centro. Un compañeiro da aula utiliza unha cadeira eléctrica. Como non hai rampla para acceder á beirarrúa tivo que ir pola estrada. Tal e como están deseñados os contedores, unha persoa en cadeira de rodas non podería tirar ela soa o material de reciclaxe (pola altura e o mecanismo para abrilos).
Na entrada da aula temos o noso recuncho de xardinería "A nosa horta". Desde que comezamos o cole xerminamos melón, fabas, garavanzos e lentellas. Queredes ver como están as nosas plantas?
Polo Samaín puxemos en marcha "Os medos da Barcia", actividade que xurdiu despois de traballar co conto "Fiz, o coleccionista de medos". Fixemos dúas preguntas ao persoal do centro: A que lle tes medo? Como reaccionas? As respostas eran anónima e metémolas na nosa caixa dos medos. Cada semana lemos unhas poucas e pegámolas no mural.
Esperemos que algún ano non teñamos que conmemorar un día como o de hoxe... Ese día o mundo será moito máis bonito e feliz. Desde a aula 5 sempre dicimos NON A VIOLENCIA!.
Hoxe celebramos o Día Internacional da Música!. O equipo de Biblioteca e o de Dinamización da Lingua Galega propúxonos montar unha foliada na aula e tamén que escolléramos as 5 cancións galegas que más nos gustan.
Hoxe cando iamos ao contedor de papel atopámonos cunha barreira que non nos gustou nada, enfádanos que xunto ao cole o paso de peóns e peoas non teña baixada! Unha vez superada a barreira, practicamos como debemos cruzar a estrada nun paso de peóns e peoas sen semáforo.
A nosa aula participa este curso, dentro de Prensa-Escuela" en "XORNALISTAS NATURAIS". Un proxecto onde teremos que ir observando os cambios que acontecen ana nosa contorna, rexistralos e sacar as nosas conclusións.
A nosa aula foi a encargada de facer castañas cocidas no apartamento. O mércores deixamos preparadas as castañas e o venres a primeira hora cocémolas no apartamento. E hoxe celebramos o MAGOSTO! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/11/celebramos-o-magosto.html
O 10 de outubro foi o Día Mundial da visión. Ese día comezamos a traballar os sentidos dentro de "Coidamos o noso corpo". A través de diferentes actividades práctica iremos coñecendo o sentido da vista e tamén como debemos coidar os ollos.
Na Biblioteca do centro hai xogos de mesa para pasar un bo rato cos compañeiros/as, pero é moi importante establecer unhas normas e saber como se xoga. Na aula 5 empezamos a facer pequenos carteis coas normas de cada xogo. O primeiro "O lince".
Que ben o pasamos na celebración do Samaín. Deixámosvos o enlace ao blog do cole para que podades ver todo o que fixemos! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/10/samain-2024.html
O Equipo de Biblioteca deixounos unha caixa con contos relacionados co Samaín e coa emoción do medo!. Ademais agasallounos ás aulas co conto "Unha bruxa divertida". Entre as diversas actividades que nos propuxeron está a de decorar o "vagón da aula 5" e pintar e colocar as bruxas/Meigas.
Na aula 5 gústanos moito a pasta!. No apartamento, xunto coa aula 7, cociñamos e probamos diferentes tipos de pasta. https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/10/dia-mundial-da-pasta.html
"Coidamos o noso corpo" é o título que lle puxemos a un pequeno proxecto que realizaremos ao longo de todo o curso. A través de diferentes actividades aprenderemos a coidar ao noso corpo.
Hoxe é o "Día Mundial de Protección da Natureza"!. Na aula estivemos a traballar cun recurso elaborado o curso pasado sobre a importancia de coidar os Bosques. E moi importante, que podemos facer nós para axudar aos bosques!
Hoxe fixemos un rico e diferente pan no apartamento, xunto co alumnado da aula 7. Se queredes vernos, facede clic no enlace ao blog do cole! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/10/dia-mundial-do-pan.html
Hoxe é o "Día mundial do ovo" así que fomos ao apartamento, xunto coa aula 7, e fixemos ovos cocidos, fritos e tortilla de ovo. Aquí tedes o enlace do blog do noso cole! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/10/dia-mundial-do-ovo.html
Hoxe é o "Día do sorriso". Na aula estivemos a falar das cousas que nos fan rir e realizamos un pequeno mural na mesa. Como nos gusta ver un sorriso na cara da xente!.
Hoxe ao chegar á aula tiñamos unha sorpresa! Comezamos o PDI "Galicia Máxica", coordinado pola Biblioteca do centro en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A través de diferentes actividades e retos coñeceremos moitas cousas desta marabillosa terra na que vivimos.