Esta semana creamos aos dous animaliños que nos faltaban do conto "Non fai falta a voz": O gato e o tigre pequenos! E aquí tedes os 4 animaliños!, desexando coñecer aos seus amigos e amigas creados noutras aulas.
Dentro de "Nós tamén creamos" imos a usar unha aplicación chamada " Stop Motion ". Fixemos 2 proxectos: PROXECTO 1 : Boliña de plastilina E aquí está no noso vídeo! PROXECTO 2: Carreira de animais E aquí tedes o vídeo! Como isto de crear cousas nos gustou moito, experimentamos coa aplicación " Stickman: dibujar animación ". Mirade que cara!!!
Este curso participamos por primeira vez en "Nós tamén creamos", un programa dentro do Plan Proxecta onde temos que darlle vida ao un conto. O conto que traballamos é "Non fai falta a voz". Estamos na fase de crear os personaxes. E niso estamos!