Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta a nosa aldea

A NOSA ALDEA

Imaxe
Chegou o momento de empezar a recoller as cousas da aula e gardalas ata o curso que ven.  Así quedou a nosa aldea!, pouquiño a pouquiño a nosa aldea foi crecendo a medida que aprendíamos moitas cousas sobre ela. 

EXPERIMENTAMOS COA PALLA

Imaxe
Esta semana experimentamos coa palla, tocámola, partímola, cheirámola... Construímos un espantallo para a nosa aldea. E rematamos facendo unha pequena obra mesturando palla, papel de periódico e pintura.

TRABALLAMOS NO INVERNADOIRO

Imaxe
Tódolos martes imos ao invernadoiro e realizamos diferentes actividades. Hoxe recollemos fresas, regamos e limpamos o invernadoiro (por dentro e por fóra) de malas herbas.

TRABALLAMOS AS VACAS E O LEITE

Imaxe
 Coa "nosa vaca sen nome" aprendemos das vacas e do leite!

A NOSA ALDEA MEDRA

Imaxe
A aldea que estamos a construír na clase vai medrando. Ademsias das tarefas diarias de coidar dos nosos animais, acabamos de plantar acelgas, cenorias, cebolas, patacas, trigo...

AS GALIÑAS. FIN

Imaxe
Esta semana rematamos coas galiñas!. Aquí tedes o noso traballo final. PANEL DE CONTIDOS. ACTIVIDADE LIM. https://www.chiscos.net/xestor/chs/ticceeabarcia/connecemos_as_galinnas/connecemos_as_galinnas.html PRESENTACIÓN DE CONTIDOS: As galinas pdi aldea. aula 5 cee a barcia de ticceeabarcia SENTIMOS OS OVOS:   https://cadadiaeespecial.blogspot.com/2021/02/os-ovos.html

OS OVOS

Imaxe
Dentro do PDI da Aldea (coordinado pola Biblioteca) estamos a coñecer os diferentes animais dunha granxa. O primeio animal: "A GALIÑA", e que ricos están os ovos que nos dan. Pero para coñecer mellor ós ovos trouxemos a clase un... e con moito coidadiño falamos da súa cor, forma, se é duro... Tamén quixemos saber como era por dentro. Baixamos ao apartamento e cocemos un ovo (e mentras se cocía fixemos a milla diaria): E cando arrefriou miramos a forma, a cor, que cambiou ao cocelo...

AS GALIÑAS (PROXECTO: A NOSA ALDEA)

Imaxe
Seguimos a traballar no proxecto "A nosa aldea" coordinado pola Biblioteca. Esta semana empezamos a traballar as pitas e as súas características.