Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta FROITA

Froita na escola

Imaxe
Estes días xa estamos degustando as froitas repartidas co Programa de froita escolar  neste período. Na aula aproveitamos para falar delas, das súas cores e formas, clasificámolas, facemos actividades na pizarra...

COÑECEMOS AS FROITAS: FRESAS E PERAS

Imaxe
Seguimos a traballar coas froitas!. Trouxemos á aula fresas e peras e experimentamos con elas!. Tamén intentamos sacar as sementes... das fresas conseguimos coller unhas pouquiñas, pero nas peras non viña nin a primeira!

COÑECEMOS AS FROITAS: AS MAZÁS 2

Imaxe
Na aula 5 seguimos a aprender moitas cousas sobre esta rica froita! Cada día regamos... pero polo de agora non vemos nadiña! Aprendemos as principais características das mazás:

COÑECEMOS AS FROITAS: AS MAZÁS

Imaxe
Como xa vos dixemos a nosa aula participa xunto con outras aulas do cole no programa "Aliméntate ben" da Consellería. Como parte deste programa empezamos a traballar as diferentes froitas, empezando por unha que nos encanta: AS MAZÁS. Traballamos coa seguinte presentación: Trouxemos á aula dúas mazás, traballamos as súas principais características, sacámoslle as sementes, pelámolas e para rematar...ñam,ñam,ñam... que ricas! E estas mondas para as pitas e porquiños da nosa aldea! (lástima que non sexan animais de verdade). Baixamos ao patio a recoller terra, sabedes para que? Plantamos as sementes da mazá! E xa temos unha actividade a realizar tódolos días: A REGAR