Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023

O SEMÁFORO DE VEHÍCULOSI

Imaxe
Ao longo deste trimestre estivemos a crear unha maqueta para traballar a educación viaria.  Esta semana creamos o noso primeiro vídeo sobre educación viaria usando o Stop Motion Studio (a mesma aplicación do conto "Non fai falta a voz" de "Nós tamén creamos"). E aquí tedes o vídeo sobre o semáforo de vehículos!

LIMPANDO O INVERNADOIRO

Imaxe
Hoxe limpamos o invernadoiro e deixámolo listo para plantar leitugas mañá! Tamén aproveitamos para transplantar as nosas plantas de "A horta de 5".

SEMANA DOS MAIOS

Imaxe
Esta semana celebramos Os Maios no cole!. O luns decoramos ovos e fixemos unhas grilandas de limóns e laranxas. O martes aproveitamos a Milla Diaria para recoller flores e fiúncho. Tamén fixemos grilandas de flores para decorar o Maio. O mércores decoramos o Maio e pequena festa no patio. Se queredes ver como o pasamos facede clic nas entradas do Blog do cole! http://ceeabarcia.blogspot.com/2023/05/semana-dos-maios.html http://ceeabarcia.blogspot.com/2023/05/un-mundo-cheo-de-flores.html http://ceeabarcia.blogspot.com/2023/05/o-noso-maio.html

O GALEGO NA MÚSICA. LETRAS GALEGAS

Imaxe
A semana que ven é o Día das Letras Galegas. Na aula estivemos a traballar o galego a través da música.  Toca coller a tablet e gozar coa nosa música! Collede o voso móbil ou tablet, abride un lector de códigos QR, apuntade ao código e a bailar e a cantar con nós!

COMO NOS GUSTA CAMIÑAR!

Imaxe
Como nos gusta camiñar pola contorna do centro. No camiño recordamos as normas básicas como peóns e peoas e tamén coñecemos e saudamos aos veciños e veciñas do centro!

PRENSA ESCOLA. MÉRCORES 10 DE MAIO

Imaxe
Un mércores máis os xornais chegan á aula 5. Hoxe completamos os nosos paneis de saúde, alimentación saudable e educación viaria. Tamén estivemos a traballar con dúas novas da semana pasada sobre a roupa. Que roupa traemos hoxe?

DE TROULA NO PATIO

Imaxe
Hoxe "Festa no Patio" co home orquestra!!! Nestes días, no blog do cole, poderedes ver o ben que o pasamos!!!

CAMIÑANDO POLA CONTORNA

Imaxe
Co bo tempo... a camiñar pola contorna do centro.

LETRAS GALEGAS 2023. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Imaxe
Rematamos o noso cartel das Letras Galegas! Dentro duns días xuntaremos os carteis realizados polas aulas!

A TODO GAS!

Imaxe
A todo gas e con sentidiño!

MALAS HERBAS!

Imaxe
Hoxe tocounos limpar o invernadoiro de malas herbas!

COIDAMOS AOS CANCIÑOS!

Imaxe
Hoxe tivemos Terapia Canina. Un bo día para recordar como temos que coidar aos nosos amiguiños peludos (e a calquera mascota).

LA VOZ DE LA BARCIA. MES DE ABRIL

Imaxe
Unha nova Edición do noso xornal!

PRENSA ESCOLA. MÉRCORES 3 DE MAIO

Imaxe
Hoxe compartimos o xornal coa aula 3! Fixemos diversas actividades, entre elas "A palabra máis fermosa do galego". Compartimos o enlace ao blog do cole:  http://ceeabarcia.blogspot.com/2023/05/a-palabra-mais-fermosa-do-galega.html

MILLA DIARIA POR FÓRA

Imaxe
Esta semana saímos a facer a milla diaria por fóra do centro. 

LETRAS GALEGAS I

Imaxe
Comezamos a traballar o "Día das Letras Galegas". Este ano, na aula 5, estamos a investigar sobre o galego a través das cancións e os instrumentos musicais. Foi unha sesión moi divertida, aínda que a foto sae un pouquiño movida, seguro que vos podedes imaxinar o ben que o pasamos.

BUSCANDO A ROSALÍA

Imaxe
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxonos varias actividades relacionadas con Rosalía de Castro. As aulas 3 e 5 fomos a Biblioteca a buscar a Rosalía, que estaba agochada... custounos moito atopala, pero ao final apareceu. Na galería pegamos o noso anaquiño de poema e fixemos uns quebracabezas de Rosalía. 

PRENSA ESCOLA 26 DE ABRIL

Imaxe
Un mércores máis traballamos co xornal na aula. Ampliamos os nosos paneis e comentamos as novas máis interesantes. Había unha foto dunha persoa tocando un bombo... e alá fomos, a polo noso bombo.