Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PROXECTA

CRUZAMOS OS PASOS DE PEÓNS

Imaxe
Hai un conto que nos gusta moito da Biblioteca, " Peón ". Estivemos falando de como temos que ir camiñando pola beirarrúa e de como tiñamos que cruzar polo paso de peóns. Despois saímos ao paso de peóns que hai cerca do cole e a practicar como cruzar.

OBRADOIRO "NATUREZA, AUGA E LUZ". PARTE II

Imaxe
Hoxe foi un día moi divertido!. A través de diferentes actividades experimentamos coas propiedades da auga e da luz, recordando que ambas son fundamentais para a vida das persoas. 

A RECICLAR!

Imaxe
A patrulla EcoBarcia saíu a reciclar aos contedores de papel e plástico que hai preto do cole. Como en cada saída que realizamos, poñemos en práctica como ser peóns responsables (camiñar pola beirarrúa, cruzar polo paso de peóns...).

"LÍO NA CABEZA".

Imaxe
"Lío na cabeza" é o nome do noso cartel para o concurso de carteis de reciclaxe. E así o fixemos!

APÚNTATE Á MOBILIDADE SOSTIBLE!

Imaxe
A aula 5 aposta pola mobilidade sostible!

AXUDAMOS AO PLANETA!

Imaxe
Saímos a reciclar aos contedores que hai cerca do cole!. Desde que fixeron accesibles as beirarrúas xa podemos ir todos xuntos!. E como en cada saída que realizamos, poñemos en práctica o traballado na aula para ser peóns e peoas responsables.

SAÍMOS A RECICLAR!

Imaxe
Saímos a reciclar papel e plástico coa aula 7!. Estamos moi contentos xa que eliminaron as barreiras arquitectónicas das beirarrúas. E por suposto, fomos peóns e peoas responsables! Enlace ao blog do centro:  https://ceeabarcia.blogspot.com/2026/02/saimos-reciclar.html

AS 3 R.

Imaxe
A patrulla "EcoBarcia" está a aprender como axudar ao planeta usando a regra das 3 R: R ecicla. R educe. R eutiliza. Tamén xogamos na PDI! https://wordwall.net/es/resource/106735456 https://es.educaplay.com/recursos-educativos/27616678-sabemos_reciclar.html

RECICLAMOS. PATRULLA ECOBARCIA

Imaxe
Esta semana a "Patrulla EcoBarcia" realizou dúas saídas aos contedores de papel e plástico que hai na contorna do centro. Seguimos pedindo que nos coloquen un contedor de papel e plástico diante do cole... pero polo momento a desprazarnos. Todo sigue igual, a pesar de solicitar o curso pasado a eliminación das barreiras arquitectónicas que atopamos nas nosas saídas... nada, aí estaban, no mesmo sitio!

VERDE CRUZAR, VERMELLO PARAR!

Imaxe
Recordade, cando estamos nun semáforo de peóns/peoas! VERDE: CRUZAR VERMELLO: NON CRUZAR

CRUZAR. SEMÁFORO DE PEÓNS E PEOAS

Imaxe
Cando o semáforo de peóns/peoas está en verde podemos cruzar.

COÑECENDO A NOSA COSTA

Imaxe
Esta semana coñecemos máis praias da nosa costa!

COMPRA DIARIA EN MERCABARCIA

Imaxe
Antes de ir ao recreo paramos no apartamento, alí está "MercaBarcia", un pequeno supermercado onde facemos a compra diaria necesaria para elaborar o xantar. E tamén comezamos a coñecer os euros (€).

SEGUIMOS A COÑECER A NOSA COSTA!

Imaxe
A través da Milla Diaria ademais de realizar un pouquiño de exercicio físico diario, aprendemos moitas cousas sobre a nosa costa e tamén a traballar cos recursos tecnolóxicos da Biblioteca. 

MILLA DIARIA: CORRUBEDO E BALDAIO

Imaxe
Seguimos coñecendo un pouco máis as nosas costas a través da Milla Diaria. Esta semana paseamos polas praias de Corrubedo e Baldaio.

MILLA DIARIA: CARNOTA

Imaxe
Na milla diaria comezamos pola praia de Carnota, unha das máis longas de toda Galicia. Na aula 5 buscamos información desta praia en Internet e comezamos a completar o mapa da Milla Diaria.

COÑECEMOS A NOSA COSTA

Imaxe
A aula 5 participou na elaboración do mural deste curso de "Unha Milla Diaria", que este curso o relacionamos coas praias, paseos e sendeiros marítimos.

OS PEÓNS E AS PEOAS CRUZAMOS A ESTRADA

Imaxe
Tras uns días de moita festa, toca seguir traballando. Hoxe retomamos a creación de vídeos de educación viaria utilizando o "Stop motion". Sabedes cruzar a estrada como peóns e peoas responsables? Así fixemos os vídeos!

LA VOZ DE LA BARCIA. MES DE MAIO

Imaxe
Aquí tedes a edición de maio de "La Voz de la Barcia". E aquí o gran equipo que elaborou este xornal!

XOGANDO CO SEMÁFORO DE VEHÍCULOS

Imaxe
Seguimos a traballar o semáforo de vehículos a través de diferentes actividades: MURAL DE MANS: PODES OU NON PODES PASAR? PINTADO NO PATIO COLOCÁMONOS NOS CÍRCULOS EN FUNCIÓN DA INDICACIÓN. AGORA QUE NINGUÉN NOS VE... PINTAMOS AS VENTÁS.