Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta UNHA MILLA DIARIA

A CAMIÑAR POLA CONTORNA

Imaxe
Sempre que o tempo nolo permita saímos a facer a milla diaria por fóra do centro. Aproveitamos estas saídas para traballar a educación viaria, concretamente o ser peón e peoas responsables!

VOLVE A MAREA AMARELA

Imaxe
Co bo tempo a marea amarela volve colocarse os chalecos amarelos!. Volvemos a facer a milla diaria pola contorna do centro. Esta primeira saída tivo varias finalidades: Facer a Milla Diaria. Coñecer a contorna natural onde está o centro. Poñer en práctica os contidos de educación viaria traballados na aula. Recoller flores, xestas, fiúnchos... para a construción do Maio. https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/05/recollendo-flores-xestas-fiunchos.html

COÑECENDO A NOSA COSTA. REMATE

Imaxe
Xa rematamos o traballo da nosa costa! e comezamos un novo... Ademais da milla diaria que realizamos tódolos días no cole, a través das novas tecnoloxías vimos as praias polas que camiñamos. Localizámolas nun mapa! E no corredor debuxamos o noso camiño! Continuamos con Porto do Son e as Illas Galegas!

COÑECENDO A NOSA COSTA

Imaxe
Aínda que xa rematamos a ruta polas praias, seguimos localizando no mapa e buscando no google maps e google earth as praias que recorremos. Xa nos faltan pouquiñas!

COÑECENDO A NOSA COSTA

Imaxe
Esta semana coñecemos máis praias da nosa costa!

COÑECENDO A NOSA COSTA

Imaxe
A través da Milla Diaria estamos a coñecer as praias de Galicia, e non so iso, ao mesmo tempo estamos a aprender a traballar co ordenador, PDI, impresora... Ata o momento usabamos o google imaxes e o google maps, pero hoxe comezamos a utilizar o google earth. Pero non todo é tecnoloxía...

SEGUIMOS A COÑECER A NOSA COSTA!

Imaxe
A través da Milla Diaria ademais de realizar un pouquiño de exercicio físico diario, aprendemos moitas cousas sobre a nosa costa e tamén a traballar cos recursos tecnolóxicos da Biblioteca. 

CAMIÑO AO RESPECTO

Imaxe
Hoxe a Milla Diaria foi especial, xuntos camiñamos polo respecto. Un camiño que hai que facer tódolos días para crear un mundo en igualdade.

MILLA DIARIA: AVANZAMOS POLAS PRAIAS

Imaxe
Seguimos aprendendo moitas praias galegas!. Nesta semana coñecemos as praias de Baldaio, A Frouxeira e Marouzos. Buscamos información en internet, a súa ubicación do Google Maps, buscamos unha foto e imprimímola. Ampliamos o noso mapa e na parede do corredor debuxamos a nosa ruta. 

MILLA DIARIA: CORRUBEDO E BALDAIO

Imaxe
Seguimos coñecendo un pouco máis as nosas costas a través da Milla Diaria. Esta semana paseamos polas praias de Corrubedo e Baldaio.

MILLA DIARIA: CARNOTA

Imaxe
Na milla diaria comezamos pola praia de Carnota, unha das máis longas de toda Galicia. Na aula 5 buscamos información desta praia en Internet e comezamos a completar o mapa da Milla Diaria.

COÑECEMOS A NOSA COSTA

Imaxe
A aula 5 participou na elaboración do mural deste curso de "Unha Milla Diaria", que este curso o relacionamos coas praias, paseos e sendeiros marítimos.

LA VOZ DE LA BARCIA. MES DE MAIO

Imaxe
Aquí tedes a edición de maio de "La Voz de la Barcia". E aquí o gran equipo que elaborou este xornal!

COMO NOS GUSTA CAMIÑAR!

Imaxe
Como nos gusta camiñar pola contorna do centro. No camiño recordamos as normas básicas como peóns e peoas e tamén coñecemos e saudamos aos veciños e veciñas do centro!

CAMIÑANDO POLA CONTORNA

Imaxe
Co bo tempo... a camiñar pola contorna do centro.

MILLA DIARIA POR FÓRA

Imaxe
Esta semana saímos a facer a milla diaria por fóra do centro. 

COMO NOS GUSTA CAMIÑAR POR FÓRA

Imaxe
Como esta semana fixo tan bo tempo camiñamos pola contorna do centro!

PEÓNS E PEOAS RESPONSABLES

Imaxe
Sempre que podemos saímos a facer a milla diaria pola contorna do cole. Ademais de facer exercicio físico aproveitamos para traballar as normas básicas como peóns e peoas. 

MILLA SEGURA POLA CONTORNA

Imaxe
Co bo tempo facemos a Milla Diaria pola contorna do centro. É unha actividade que nos gusta moito xa que facemos exercicio físico, coñecemos a contorna do centro, saúdamos aos veciños e aprendemos educación viaria como peóns e peoas responsables. 

CAMIÑANDO POLA CONTORNA!!!

Imaxe
 Como nos gusta camiñar por fóra do centro, saúdar as persoas que atopamos, coñecer novos sitios...