Publicacións

MES DE MAIO, MES DE GALICIA

Imaxe
O mes de Maio é moi especial para nós e para Galicia. Aquí vos deixamos como fixemos o noso cartel para o Correlingua! Queredes velo? A partir do lema deste ano "Co galego no corazón, facemos revolucións", pensamos en como poderiamos facer o noso cartel.  Decidimos que tiña que haber un corazón coa palabra galego no medio, pero como poderiamos facer a revolución?. Como nos gusta moito a paz, decidimos que sería unha revolución pacífica, e non hai mellor forma de representar a paz que coas mans. De aí que o corazón estea formado por mans. Pero a cor destas mans teñen un significado: Vermello - Laranxa: representa as festas galegas, sobre todo a de San Xoán (o lume das cacharelas). Verde: os nosos prados e montes. Azul: o nosos ríos e mares. Amarelo: as nosas praias. Marrón: a nosa terra. Gris e azul: o noso tempo. Negro e amarelo: as noites estreladas. Azul e branco: a nosa bandeira. E dentro do corazón a nosa lingua con imaxes das cousas que pensan o alumnado da aula 5 que s...

PRENSA ESCOLA. 29 ABRIL

Imaxe
Como cada mércores, o xornal entra na aula 5!

DÍA DO TEATRO - DÍA DO LIBRO

Imaxe
Hoxe celebramos o Día do Libro e o Día do Teatro. Levamos uns días ensaiando o conto musicado "As catro estacións desde a gran árbore", e saíunos XENIAL!!!

ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS!

Imaxe
Claudia (estudante de Mediación Comunicativa) preparounos un conto para sentir, expresar e imaxinar!.

PRENSA ESCOLA. 22 ABRIL

Imaxe
 Como nos gusta traballar co xornal e coñecer o que pasa no mundo!

EXPOÑEMOS OS NOSOS TRABALLOS!

Imaxe
Chegou o momento de expoñer no corredor o noso traballo dentro do programa Zinkers!

TRABALLANDO NO INVERNADOIRO

Imaxe
Hoxe traballamos no invernadoiro!. Prontiño plantaremos, polo que temos que ter todo listo. Ademais transplantamos unha mentas, recollemos amorodos e tiramos as malas herbas no composteiro. Ao volver á aula preguntámonos... que pasaría se plantamos un amorodo e un plátano... e así o fixemos. Agora temos a dúbida, nacerán?