Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

SAMAÍN 2022

Imaxe
O xoves foi un día moi especial, mirade como chegaron... Tiñan moitas ganas de FESTA! Desde primeira hora tivemos obradoiros organizados por niveis. O noso é o 3º nivel e formamos parte del as aulas 3, 5 e 7.  O primeiro obradoiro foi o de "Pintado de caveiras" onde cada un/unha pintou a súa caveira e despois entre todos e todas pintamos unha caveira enorme.  Despois tocounos o obradoiro de "pintado de cara" onde nos transformamos en personaxes da película "Coco".  Para finalizar co obradoiro "de experimentos", fixemos unha pintura sensorial, buscamos noces na caixa sensorial, sacamos as arañas da súa tea e fixemos unha pantasma! Se queredes vernos con todo o cole, mirade no blog! O RECUNCHO DOS SONOS

MESTRA NOVA NA AULA!

Imaxe
Esta semana empezou na nosa aula unha mestra nova. Chámase Noelia e estará connosco ata o final do 1º trimestre. Non hai mellor presentación que a foto que sacaron as nosas mestras na celebración do Samaín!

XORNAL 26 DE OUTUBRO

Imaxe
Como nos gusta traballar co xornal!. Comentamos as noticias que nos pareceron máis relevantes e pegámolas nos nosos paneis.

XERMINAMOS SEMENTES DE CABAZAS. RETO ACADADO

Imaxe
Completamos un dos retos da Biblioteca. A semana pasada baleiramos a cabaza e esta semana xerminamos as súas sementes.  Entre o diferente material que nos aportarou a Biblioteca, estaba este vídeo que nos explicaba como xerminar as sementes. Seguimos as indicacións e agora toca esperar os 10 días para saber se o fixemos ben ou temos que empezar de novo...

TERAPIA CANINA

Imaxe
 O venres 21 volveron comezou Terapia Canina!. Como os botabamos de menos...

SORPRESA NA CABAZA

Imaxe
Cando baleiramos a nosa cabaza levamos unha sorpresa... dentro había sementes xa xerminadas, que estaban a crecer. Levámolas para a aula e plantámolas... non sabemos se crecerán, pero por intentalo non será.

BALEIRAMOS CABAZAS

Imaxe
Comezamos cun dos retos que nos propoñía a Biblioteca. Baleirar unha cabaza e decorala para o Samaín! Fomos ao apartamento, eliximos a nosa cabaza, baleirámola e decorámola. Non só unha, collemos outra cabaza pequeniña e verde. E as sementes gardámolas para seguir co reto!

VOLVE "PRENSA ESCOLA". MÉRCORES 19 DE OUTUBRO

Imaxe
Hoxe chegaron os xornais!. Estivemos a traballar con eles na Biblioteca e xa comezamos a planificar os noso paneis informativos, moi relacionado cos programas e proxectos nos que participamos este curso.

E ISTO QUE É?

Imaxe
Hoxe ao entrar na aula tiñamos unha sorpresa... O Equipo de Biblioteca puxo en marcha o PDI (Proxecto Documental Integrado) "A nosa horta" e propúxonos 3 retos: Crear un recuncho na aula para o PDI e ponerlle un nome. Empezar a plantar no invernadoiro. Baleirar unha cabaza, darlle forma terrorífica, facer unha receita con cabaza e xerminar sementes de cabaza. Xa temos traballo!!!

SAMAÍN I

Imaxe
 Ao longo deste mes de outubro traballamos o Samaín. Xa falta pouquiño para que chegue a noite máis terrorífica do ano!!! O Equipo de Biblioteca pediunos axuda para poder facer unhas grilanda con follas e personaxes do Samaín para adornar o cole. 

QUE MEDO!

Imaxe
Na aula 5 están a pasar cousas moi raras... e recibimos visitas non desexadas!!!

TRABALLAMOS O OUTONO 2

Imaxe
Como nos gusta escoitar cancións relacionadas co Outono e co Samaín!. Este curso empezamos a usar os códigos QR para acceder aos vídeos das cancións.

BATIDO DE FROITAS

Imaxe
Con este tempo tan raro que temos, que ben senta un batido!. O primeiro que fixemos foi conseguir os ingredientes. Na cociña do cole collemos o leite e as mandarinas e no patio do cole as mazás. Como o apartamento estaba ocupado, collemos o batedor e levámolo á clase. Mondamos as froitas e botamos os ingredientes no batedor. E chegou o mellor, a brindar e a beber!.