Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta experimentos

COÑECEMOS OS OVOS

Imaxe
Tivemos que apagar a neveira do apartamento para que desconxelara... como había ovos que xa non se podían comer decidimos facer uns pequenos experimentos para coñecelos un pouquiño máis: cocemos ovos (non todos!), soltámolos desde unha altura, batémolos, tocámolos, intentamos crear unha pelota que rebota...

EXPERIMENTOS CON OVOS

Imaxe
Polo apagón tivemos que tirar o que tiñamos na neveira do apartamento!. Aproveitamos os ovos para facer experimentos: OVO SALTARÍN. O martes ao rematar as nosas galletas metemos ovos en vinagre, tapámolos e abrímolos hoxe. Era moi brando e saltou un pouquiño... pero pronto rompeu. CRU OU COCIDO O martes tamén cocemos varios ovos e mesturámolos con ovos sen cocer. Hoxe tiñamos que adiviñar se era un ovo cru ou cocido. E despois comprobar se tiñamos ou non razón, como?. Subidos a unha cadeira e tirar o ovo contra a mesa. Esta actividade tamén nos serviu para practicar o pelar os ovos e coñecer as diferentes partes do ovo.