Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PIE

CRUZAMOS OS PASOS DE PEÓNS

Imaxe
Hai un conto que nos gusta moito da Biblioteca, " Peón ". Estivemos falando de como temos que ir camiñando pola beirarrúa e de como tiñamos que cruzar polo paso de peóns. Despois saímos ao paso de peóns que hai cerca do cole e a practicar como cruzar.

XORNAL 10 DE XUÑO

Imaxe
Os mércores o xornal entra na aula 5 (no só ese día!, das noticias derivan moitísimas actividades!).

MÚSICA A FLOR DE PEL

Imaxe
Concerto de "Música a flor de pel" coa Fundación Igual Arte.

XOGANDO CON WAILO!

Imaxe
Hoxe xogamos con Wailo e cunhas pelotas, pasámolo xenial!

XORNAL 27 MAIO.

Imaxe
Hoxe en Prensa escola, entre outros aspectos, falamos de como debemos protexernos do sol, recordamos como coidar os dentes e o calendario do mes de xuño!

RUTINAS DE HIXIENE

Imaxe
Traballamos as rutinas de hixiene, recordando os diferentes pasos que temos que realizar cando lavamos a cara, nos duchamos, imos ao baño...

AS MANS DIVERTIDAS

Imaxe
Hai actividades na aula moi divertidas!, sobre todo cando toca xogar coas mans. Colaborando nun mural para o Día das Letras Galegas! Experimentando coas mans!.

UN DÍA CON WAILO!

Imaxe
Hoxe tivemos terapia canina e pasámolo xenial...

A CEBOLA!

Imaxe
Hoxe traballamos a cebola!, non só a súa forma e características, senón que aproveitamos para falar da tristeza... cortamos unha cebola e apareceron as bágoas!

AS NOSAS EMOCIÓNS

Imaxe
Fixemos un mural que nos axudou a identificar e coñecer as emocións básicas, en nós mesmos e nos demais.

CHEGARON OS DINOSAURIOS!

Imaxe
Os dinosaurios chegaron á aula multisensorial!.

XOGANDO E APRENDENDO CO PANEL INTERACTIVO

Imaxe
Neste cole temos diferentes recursos que utilizamos para traballar contidos dunha forma lúdica. Aquí vos deixamos un panel interactivo (Interactive Wall).

PRIMAVERA NA AULA MULTISENSORIAL

Imaxe
Na aula multisensorial cada sesión é máxica!

PISCINA

Imaxe
Que ben senta un chapuzón!

E QUEN É?

Imaxe
Unha das actividades propostas polo Equipo de Biblioteca polo 8M foi pedir ás familias que nos enviaran fotos das mulleres importantes na vida do noso alumnado. Na aula 5 fomos coñecéndoas usando os robots de Polos Creativos.

A AMIZADE!

Imaxe
Cando unha imaxe vale máis que moitas palabras!

OBRADOIRO RADIO ESCOLAR

Imaxe
Comezamos o Obradoiro de Radio Escolar!

GRANDPRIX FINANCEIRO

Imaxe
Un ano máis participamos no "Grand Prix Financeiro", dentro dos programas Eduemprende xestionado por Afundación. A través de diferentes actividades traballamos a importancia dos cartos e dos gastos diarios que temos as persoas, ademais de diferenciar o desexo das necesidades. 

8M

Imaxe
O domingo foi 8 de marzo, o "Día Internacional da Muller". O Equipo de Biblioteca propúxonos ás aulas a realización de diversas actividades relacionadas coas protagonistas femininas de películas e debuxos animados. Ademais estivemos a traballar coa serie " Mulleres incribles ".

FALTAN POUCOS DÍAS...

Imaxe
Levamos un tempo preparando unha actuación xunto con outras aulas... pero é un segredo... non podemos dicir nada...