Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

CRUZAMOS OS PASOS DE PEÓNS

Imaxe
Hai un conto que nos gusta moito da Biblioteca, " Peón ". Estivemos falando de como temos que ir camiñando pola beirarrúa e de como tiñamos que cruzar polo paso de peóns. Despois saímos ao paso de peóns que hai cerca do cole e a practicar como cruzar.

APÚNTATE Á MOBILIDADE SOSTIBLE!

Imaxe
A aula 5 aposta pola mobilidade sostible!

AXUDAMOS AO PLANETA!

Imaxe
Saímos a reciclar aos contedores que hai cerca do cole!. Desde que fixeron accesibles as beirarrúas xa podemos ir todos xuntos!. E como en cada saída que realizamos, poñemos en práctica o traballado na aula para ser peóns e peoas responsables.

SAÍMOS A RECICLAR!

Imaxe
Saímos a reciclar papel e plástico coa aula 7!. Estamos moi contentos xa que eliminaron as barreiras arquitectónicas das beirarrúas. E por suposto, fomos peóns e peoas responsables! Enlace ao blog do centro:  https://ceeabarcia.blogspot.com/2026/02/saimos-reciclar.html

RECICLAMOS. PATRULLA ECOBARCIA

Imaxe
Esta semana a "Patrulla EcoBarcia" realizou dúas saídas aos contedores de papel e plástico que hai na contorna do centro. Seguimos pedindo que nos coloquen un contedor de papel e plástico diante do cole... pero polo momento a desprazarnos. Todo sigue igual, a pesar de solicitar o curso pasado a eliminación das barreiras arquitectónicas que atopamos nas nosas saídas... nada, aí estaban, no mesmo sitio!

ENSINANDO EDUCACIÓN VIARIA A PHOTON

Imaxe
Hoxe xuntámonos a aula 5 e a aula 3 para ensinarlle a Photon os semáforos!

SAÍDA AO CONTEDOR DE PAPEL

Imaxe
Despois da Milla Diaria cargamos o carriño e fomos ao contedor de papel!.

A CAMIÑAR POLA CONTORNA

Imaxe
Sempre que o tempo nolo permita saímos a facer a milla diaria por fóra do centro. Aproveitamos estas saídas para traballar a educación viaria, concretamente o ser peón e peoas responsables!

SAÍDA AO CONTEDOR DE PAPEL. MOITAS BARREIRAS!

Imaxe
Hoxe levamos o papel ao contedor azul!. Como no cole non temos contedor de papel tivemos que saír do cole e ir na súa busca (esta na contorna do centro, nunha urbanización). A pesar de ser un recorrido cortiño, atopamos bastantes barreiras que dificultaron o noso camiño. E aproveitamos para practicar como cruzar a estrada polo paso de peóns e peoas!

ACTIVIDADES NA PDI

Imaxe
Hoxe probamos 3 aplicacións na PDI e gustáronnos moito!, con elas traballamos a educación viaria, a orientación espacial, a causa efecto...

RECICLAMOS PLÁSTICO!

Imaxe
Hoxe saímos a tirar plástico ao contedor que hai preto do centro. Un compañeiro da aula utiliza unha cadeira eléctrica. Como non hai rampla para acceder á beirarrúa tivo que ir pola estrada. Tal e como están deseñados os contedores, unha persoa en cadeira de rodas non podería tirar ela soa o material de reciclaxe (pola altura e o mecanismo para abrilos). 

DI NON ÁS BARREIRAS!

Imaxe
Hoxe cando iamos ao contedor de papel atopámonos cunha barreira que non nos gustou nada, enfádanos que xunto ao cole o paso de peóns e peoas non teña baixada! Unha vez superada a barreira, practicamos como debemos cruzar a estrada nun paso de peóns e peoas sen semáforo. 

EXTRAEMOS INFORMACIÓN!

Imaxe
Na aula 5 estamos a elaborar as normas que debemos seguir como peóns e como viaxeiros/as no coche. Para iso utilizamos diferentes fontes de información como os vídeos de "Luz verde" e materiais elaborados no cole.

VERDE CRUZAR, VERMELLO PARAR!

Imaxe
Recordade, cando estamos nun semáforo de peóns/peoas! VERDE: CRUZAR VERMELLO: NON CRUZAR

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIARIA

Imaxe
Hoxe veu coordinador de “Mobilidade sostible e segura” para realizar un obradoiro de educación viaria. Primeiro tivemos unha pequena charla para recordar como temos que facer para ser peóns e peoas responsables e despois saímos ao patio onte tiñamos un circuíto para practicar o aprendido. Tamén veu un garda civil de tráfico coa súa moto e puidemos montar nela! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/05/educacion-viaria.html

CRUZAR. SEMÁFORO DE PEÓNS E PEOAS

Imaxe
Cando o semáforo de peóns/peoas está en verde podemos cruzar.

NON PASAR. SEMÁFORO DE PEÓN E PEOAS

Imaxe
Cando o semáforo está en vermello... NON PASAR! Experimentamos cunha aplicación que nos gustou moito! (ChatterPix Kids)

VOLVE A MAREA AMARELA

Imaxe
Co bo tempo a marea amarela volve colocarse os chalecos amarelos!. Volvemos a facer a milla diaria pola contorna do centro. Esta primeira saída tivo varias finalidades: Facer a Milla Diaria. Coñecer a contorna natural onde está o centro. Poñer en práctica os contidos de educación viaria traballados na aula. Recoller flores, xestas, fiúnchos... para a construción do Maio. https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/05/recollendo-flores-xestas-fiunchos.html

OS PEÓNS E AS PEOAS CRUZAMOS A ESTRADA

Imaxe
Tras uns días de moita festa, toca seguir traballando. Hoxe retomamos a creación de vídeos de educación viaria utilizando o "Stop motion". Sabedes cruzar a estrada como peóns e peoas responsables? Así fixemos os vídeos!

XOGANDO CO SEMÁFORO DE VEHÍCULOS

Imaxe
Seguimos a traballar o semáforo de vehículos a través de diferentes actividades: MURAL DE MANS: PODES OU NON PODES PASAR? PINTADO NO PATIO COLOCÁMONOS NOS CÍRCULOS EN FUNCIÓN DA INDICACIÓN. AGORA QUE NINGUÉN NOS VE... PINTAMOS AS VENTÁS.