Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

A FREGAR!

Imaxe
Despois de camiñar fomos ao apartamento do cole. E que fai falta para fregar os cacharros? Pois veña, a fregar cacharros! E despois aclaramos os cacharros. Que limpiños quedaron!

DESPRAZÁMONOS SEGUROS!

Imaxe
Hoxe comezamos a facer a Milla Diaria por fóra do centro. Encantounos a experiencia e esperamos realizala como mínimo dúas veces á semana.  Estivemos moi pendiente das normas que demos seguir como peóns e peoas responsables!

TERAPIA CANINA!

Imaxe
O venres tivemos Terapia Canina!. Xa tiñamos ganiñas de ver aos nosos amiguiños peludiños.

PLANTAMOS LEITUGAS

Imaxe
O 3º nivel plantamos leitugas! Agora a regalas cada día e a esperar a que medren.

ENTROIDO 2023

Imaxe
O xoves 16 e o venres 17 celebramos no cole o Entroido! Así de guapos/as fomos a disco. O 3º nivel fomos de cenorias! (moi relacionado co estilo de vida saudable que fomentamos!)

PRENSA ESCOLA 15 FEBREIRO

Imaxe
Un día máis traballamos co xornal na aula, comentando aquelas novas máis destacadas e aumentando os nosos paneis. Sempre nos paramos un pouquiño máis en aquelas noticias relacionadas co Educación Viaria, a saúde, a alimentación e o coidado do medio ambiente e dos animais. 

AMOR, AMOR, AMOR...

Imaxe
Coincidindo co "Día de San Valentín" na aula 5 traballamos o amor entre os amigos e amigas!

SOLTA DE POMBAS!

Imaxe
O 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz". Como ese día tivemos que suspender a solta de pombas, fixémola hoxe. Primeiro cada nivel pintou unha pomba e despois interaccionamos coas pombas antes de que comezaran a voar de camiño a súa casa (son pombas mensaxeiras!).

UN POUQUIÑO DE RELAX!

Imaxe
Despois de tanto traballar... un pouquiño de relax!

A HORTA DE 5. PLANTAMOS

Imaxe
Nas primeiras horas tocou invernadoiro e agora "A horta de 5". Seguimos plantamos! 1º- Botamos a terra. 2º- Botamos as sementes! Que ben cheiran! 3º- E por último tapámolas e regamos! Despois estivemos a traballar as plantas!

LIMPAMOS O INVERNADOIRO!

Imaxe
A semana que ven imos plantar leitugas, así que tocounos limpar o invernadoiro. Traballo en equipo! Traballamos un montón! E sabedes a que atopamos? A Pipo! Así quedaron os nosos guantes, esperando a ser usados de novo.

O SUPERMERCADO

Imaxe
Mañá iremos de excursión ao Supermercado Gadis dentro do Programa " Gadis Alimentes ".   Hoxe estivemos a traballar as diferentes seccións do supermercado!

PRENSA ESCOLA MÉRCORES 8 DE FEBREIRO

Imaxe
Hoxe traballamos co xornal na aula!.  Xa non temos que usar a máscara no transporte (que sorte!, mañá na excursión non a teremos que levar!), houbo un incendio forestal, chega o Entroido cos cocidos e as filloas, o coidado dos animais... foron algunha das noticias das que falamos.  E despois completamos os nosos paneis!

LA VOZ DE LA BARCIA. MES DE XANEIRO

Imaxe
Xa está aquí unha nova edición de "La Voz de la Barcia". E os/as nosos/as redactores e xornalistas!

7 DE FEBREIRO: "DÍA DE ENVIAR UNHA CARTA A UN AMIGO"

Imaxe
Hoxe é o "Día de enviar unha carta a un amigo/a".  A quen lle enviamos unha carta?. Aos nosos veciños da aula 6 (difícil elixir, xa que no cole temos moitísimos amigos e amigas). Como estaban en algunha especialidade, deixámoslle a carta na súa aula!

CON ESTE FRÍO PÓÑOME...

Imaxe
Estes días fai moitísimo frío, temos que vir abrigados!!!! Hoxe traballamos a roupa de abrigo! Ademais, dentro das rutinas diarias, buscamos a roupa que traemos posta.

NÓS TAMÉN CREAMOS. ESCENARIOS

Imaxe
Rematados os animais, toca crear os escenarios e complementos!. Niso andaremos esta semana...

PLANTAMOS!

Imaxe
A semana pasada recollemos terra. E esta semana toca plantar. O primeiro que plantamos foi "Romero" E transplantamos as fabas, os garavanzos e as lentellas que xerminaron (as sementes de sandía, non...). Agora témolas que coidar tódolos días e a esperar!

O CALENDARIO

Imaxe
Cando comeza un novo mes, colocamos o calendario!!! Os números sempre están presentes na aula 5!!!

TERAPIA CANINA. 3 FEBREIRO

Imaxe
Como se nota que hoxe tivemos a visita de Bosco e Thalía!

AS NOSAS LENTELLAS CRECEN!!!!

Imaxe
Así están as nosas lentellas!