Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

RECUNCHO DA BIBLIOTECA (ou mellor dito do Relax!)

Imaxe
Na aula 5 estamos de reformas!, pouco a pouco estamos a organizar a aula por recunchos. Un dos primeiros que creamos foi o Recuncho da Biblioteca, pero para o alumnado máis ben é un recuncho de Relax!!! (un dous por un!)

CREAMOS AOS FILLIÑOS/AS!!!

Imaxe
Esta semana creamos aos dous animaliños que nos faltaban do conto "Non fai falta a voz": O gato e o tigre pequenos! E aquí tedes os 4 animaliños!, desexando coñecer aos seus amigos e amigas creados noutras aulas.

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Imaxe
Hoxe celebramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.  Baixamos ao patio a pintar un Pomba xon xicces, quedou xenial! O Señor que traía as pombas non puido vir, polo que non tivemos a tradicional "Solta das pombas da Paz" (realizaremos esta actividade outro día!).  Pero a seguinte actividade que fixemos gustounos moito!, xogamos co paracaídas e con globos brancos. Para rematar coa canción "Madre Tierra".  Tedes que esperar uns días a que no blog do centro publiquen a entrada das actividades de hoxe!

EMPEZAN A MEDRAR!

Imaxe
As plantas que xerminamos a semana pasada empezan a medrar (todas menos as sementes de sandía!)

EXPERIMENTANDO CO STOP MOTION

Imaxe
Dentro de "Nós tamén creamos" imos a usar unha aplicación chamada " Stop Motion ". Fixemos 2 proxectos: PROXECTO 1 : Boliña de plastilina E aquí está no noso vídeo! PROXECTO 2: Carreira de animais E aquí tedes o vídeo! Como isto de crear cousas nos gustou moito, experimentamos coa aplicación " Stickman: dibujar animación ". Mirade que cara!!!

A POMBA DA PAZ

Imaxe
O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares animounos a crear unha pomba moi orixinal, como a que fixo Picasso.  O primeiro que fixemos foi falar das pombas, de que eran, como se desprazaban, da súa cor... E deixamos voar a nosa creatividade! E aquí tedes a nosa POMBA DA PAZ!

PRENSA ESCOLA 25 XANEIRO

Imaxe
Como nos gusta traballar co xornal na aula! A Saúde e a Educación Viaria ocuparon bastante tempo da nosa sesión!

QUEN DI NON A UN ABRAZO DE CORAZÓN?

Imaxe
O sábado 21 foi o "Día Internacional do Abrazo". Hoxe na aula 5 falamos dos abrazos como mostra de afecto entre as persoas. Non fai moito tempo, no 2020, ese "Malo, malísimo" chamado Covid deixounos sen abrazos por unha longa tempada. Pero pouco a pouco, pasiño a pasiño, recuperamos esa mostra de afecto que tanto nos gusta! Este é un dos mellores abrazos... entre compañeiros (pero falta unha!, seguro que mañá xa recibirá moitos abrazos cando veña). Unha actividade tan bonita no podía quedar dentro da aula. Saímos en busca de abrazos!

A HORTA DE 5

Imaxe
Hoxe xerminamos sandía, lentellas, garavanzos e fabas!. e a gran pregunta é.... crecerán? Ademais de coidalas imos aprender moitas cousas delas!

XOGANDO COAS IMAXES, O MOVEMENTO E AS EMOCIÓNS

Imaxe
 Na aula 5 estivemos a xogar coas imaxes, o movemento e as emocións creando uns taumatropos. E aquí podédelos ver en movemento!

PRENSA ESCOLA 18 XANEIRO

Imaxe
O titular desta semana é "Chegou a neve e non para de chover!".

TERAPIA CANINA!

Imaxe
Hoxe tivemos sesión de Terapia Canina!

PRENSA ESCUELA. 11 XANEIRO

Imaxe
O primeiro mércores de Prensa-Escola!. Como nos gusta traballar co xornal. 

COQUITOS!

Imaxe
O alumnado da aula 3 e 5 fomos ao apartamento a facer "Coquitos" con Juan e Nerea. Antes de nada fomos ao "Merca Barcia" e buscamos os ingredientes. Seguimos os pasos da receita e .... Aquí tedes o resultado! Estaban boísimas!