Esta semana estivemos a traballar a nosa cara. Para iso usamos fotos da nosa cara e debuxamos por ela, ademais de falar de cada unha das partes e para que sirve. Para ver o resultado hai que esperar, xa que falta un compañeiro por facer a súa!
O alumnado da aula 5 e 7 xuntámonos para traballar o conto "O Monstro de cores". Co arroz que pintaron na aula 11 e 12 fixemos dous monstros de cores, un en papel e outro cun guante.
Hoxe tiñamos outra sorpresa na aula! Comezamos o PDI da Biblioteca: ASÍ SON EU! Buscamos os nomes da aula 5 na nube de palabras (están tódolos nomes do cole!).