Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024

A AUGA

Imaxe
A auga é imprescindible para as persoas e para todo ser vivo. Buscamos en internet información sobre a auga e comezamos a realizar unha presentación no encerado dixital interactivo.

COMPRAMOS FROITA!

Imaxe
Estivemos a traballar cos euros e as froitas!. Chegaran os cartos?, Cantos euros necesito?, se quero mercar unha sandía de 2 kg canto me costa?

WAILO VEU DE VISITA!

Imaxe
Hoxe estivemos con Wailo!

RÚA DAS EMOCIÓNS Nº 7

Imaxe
Hoxe comezamos a ler o conto que nos regalaron as aulas 11 e 12 "Rúa das emocións Nº7". Lemos dúas follas, pero deunos para moito! Falamos das cidades e o que podemos atopar nelas. Traballamos co recursos "Todos somos diferentes" Todos somos diferentes from ticceeabarcia

PRENSA ESCOLA. 24 DE ABRIL

Imaxe
É mércores e toca traballar co xornal na aula! Como o día 1 de maio é mércores e non hai cole, hoxe veu o calendario de maio!

CELEBRAMOS A SEMANA DO LIBRO

Imaxe
Hoxe entregamos a noso libro e a rosa á aula 9. E as aulas 11 e 12 entregáronos unha rosa e un libro. Ademais fixemos un mural entre todos coas nosas mans e tivemos un teatro de sombras e cores. Queredes saber cal é o libro que nos regalaron? Conto rua das emocions n7 de ticceeabarcia

UN LIBRO E UNHA ROSA

Imaxe
Este ano para celebrar o Día do Libro tiñamos que regalar un libro e unha rosa a outra aula do centro, a nós tocounos a aula 9! E o conto que eliximos foi Nadarín! (feito no cole dentro do Programa Educación Responsable, o cal non puidemos presentar na Cidade da Cultura porque chegou o Covid). Esperamos que vos guste, AULA 9!

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Imaxe
Hoxe é o Día do Libro. Pero por que se celebra este día e por que se regala unha rosa?... Na aula 5 fixemos unha pequena investigación para responder a estas preguntas e trazamos un plan de equipo, onde cada un de nós tiñamos unha tarefa asignada.

QUE É A ARTE?

Imaxe
Como produto final da arte, elaboramos 2 murais onde representamos o que estivemos a traballar. E así os fixemos!

1 DE ABRIL. DÍA DAS ARTES GALEGAS

Imaxe
Para conmemorar o Día das Artes Galegas (1 de abril), o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxonos crear dúas esculturas con arxila (xa que este ano homenaxéase a Francisco Asorey, un gran escultor). Aquí tedes as nosas dúas esculturas! Queredes ver como as creamos?

CARLITOS

Imaxe
Temos un novo compañeiro de clase, Carlitos!!!. 

A ARAÑA E MÁIS EU

Imaxe
Curioso título para un conto que nos axudou a coñecer un pouquiño máis o noso corpo. Dentro do PDI "Así son eu" estivemos realizando diferentes actividades co conto "A Araña máis eu": pegamos a araña polas diferentes partes do noso corpo, debuxámola nun manequín, creamos as nosas arañas e xogamos coa luz negra.

PETROGLIFOS IV

Imaxe
Avanzamos na consecución dos retos en Polos Creativos "Petróglifos". Hoxe estivemos xogando e aprendendo co noso robot!

XORNAL 10 DE ABRIL

Imaxe
Como cada mércores o xornal chega á aula 5. Hoxe a nosa mestra fíxonos pagar o xornal!

ARCO DA VELLA

Imaxe
Hoxe rematamos o noso traballo sobre o arco da vella! O mércores a canción que eliximos relacionada coa chuvia foi " algunha vez viches a chuvia " e polo xornal soubemos que era o Día Mundial do arco da vella (3 de abril).  E que relación terá a canción co arco da vella?.... na canción din "Quero saber se algunha vez viches a chuvia caer nun día soleado"... E claro que SI, se chove e fai sol sae o arco da vella! Así que buscamos información sobre cando sae, cantas cores ten e que forma ten. Comezamos debuxando un arco da vella conxunto. Descubrimos que realmente é redondo. Fixemos un experimento para crear un! E hoxe rematamos o mural coas nosas aprendizaxes e puxémolo no corredor.

MURAL "O QUE SOBRA"

Imaxe
Coa pintura que sobrou do arco da vella, xogamos a mesturala e a crear no noso mural "O que sobra".

PETROGLIFOS III

Imaxe
Rematamos o segundo reto!!!. Realizamos petróglifos nunha plastilina moi especial (que seca e endurece).

CANCIÓNS DE CHUVIA

Imaxe
Neste trimestre imos a traballar a auga, polo que unha das tarefas que realizaremos será buscar cancións relacionadas coa chuvia.

MEDIMOS O TEMPO II

Imaxe
Retomamos "Medimos o tempo". Cubrimos unha ficha de datos sobre os días de cada mes, sumámolos e falamos do movemento da Terra ao redor do Sol.

XORNAL 3 DE ABRIL

Imaxe
Hoxe traballamos co xornal! Centrámonos na chuvia (que non para de chover...), nas comunidades autónomas e no arco da vella.  Nunha noticia viñan as 17 comunidades autónomas, así que xogamos a deletrealas e atopalas no mapa. E o traballo co arco da vella... está noutra entrada!