Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

SENTIMOS A ALEGRÍA A TRAVÉS DO SENTIDO DO GUSTO

Imaxe
Aínda que cada mañá experimentamos a alegría co sentido do oído, hoxe realizamos outra actividade proposta polo Equipo de Educación Responsable: sentir a alegría a través do sentido do gusto. Unha rica receita: O primeiro foi elaborar o zume: E a continuación os outros ingredientes: E por último o mellor, rico, riquísimo! E repetimos!

RICAS ACELGAS PARA O COMEDOR!

Imaxe
Hoxe recollemos acelgas para o comedor!

SE ESTAMOS MALIÑOS...QUEDAMOS NA CASIÑA

Imaxe
Novo consello do noso Super5!

RECOLLEMOS ACELGAS E LEITUGAS

Imaxe
Hoxe tocounos recoller acelgas e leitugas do invernadoiro! E despois recollemos as fresas e limpamos o invernadoiro de malas herbas.

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

Imaxe
Hoxe 23 de abril participamos nunha actividade organizada polo Equipo de Biblioteca. Lembrades as desfeitas que fixemos na clase coa pintura... pois chegou o día de pegar as nosas flores no mural! Moitas grazas ao Equipo de Biblioteca polos libros!

TRABALLAMOS OS CONCEPTOS MATEMÁTICOS

Imaxe
Seguimos a traballar a serie numérica e a xogar cos números!

O NOSO MONSTRO ROSA

Imaxe
Non hai mellor día para presentar "O noso Monstro Rosa". Felicitar a todo o alumnado da aula 5 por tan marabilloso traballo e polo seu esforzo. 

TRABALLAMOS A ALEGRÍA A TRAVÉS DO SENTIDO DO OÍDO

Imaxe
O Equipo de Educación Responsable do centro deseñou diferentes actividades para traballar a alegría a través dos sentidos. comezamos polo sentido do oído. Así que todos en pé e a mover o esqueleto para enchernos de enerxía!

SOMOS LABREGOS!

Imaxe
Na aula 5 somos xa uns expertos/as labregos/as!. Regamos o noso invernadoiro e recollemos acelgas para o comedor.

RECOLLEMOS ACELGAS

Imaxe
 Precisan acelgas no comedor!, así que mans á obra, ao invernadoiro e a recoller 8 manoxos.

MENUDA DESFEITA!!!

Imaxe
Cando unha imaxe val máis que mil palabras! E que aconteceu? Ao finalizar a xornada quedou todiño limpiño.... mañá continuará e xa vos contaremos que é o que estamos a facer.

CONTO REMATADO!

Imaxe
Xa rematamos a representación artística do noso "Monstro Roso". Agora toca contalo e gravalo!

FELICIDADES PRENSA - ESCOLA!. 39 ANIÑOS

Imaxe
O 14 de abril estivo de Aniversario o Programa "Prensa - Escola" do xornal "La Voz de Galicia".  A aula 5 quere felicitarvos con esta canción!

SOMOS GRANXEIROS!

Imaxe
Tódalas mañás, unha das primeiras actividades que realizamos e coidar aos noso animaliños.

LISTAS PARA RECOLLER!

Imaxe
As nosas acelgas xa están listas para recoller. Fomos ao comedor do cole a preguntar cantas necesitaban, e despois ao invernadoiro!

COÑECEMOS AOS ANIMAIS DA ALDEA!

Imaxe
Coñecemos un pouquiño máis dos animais da nosa aldea!. Se son seres vivos, inertes, como se desprazan, como teñen o corpo, que comen...

LEITE ESCOLAR

Imaxe
E despois de facer a "Milla Diaria" tomamos o noso brick de leite para coller forzas!. QUE RICO!

REGAMOS!

Imaxe
Os martes tócanos regar o noso invernadoiro. E así de bonito está!

NON TOQUES OS OLLOS, O NARIZ NIN A BOCA

Imaxe
 Outro conselliño dos nosos super5! Así que xa sabedes, antes de tocar os ollos, o nariz ou a boca, LAVA AS MANS (OU DESINFÉCTAAS) Porque podemos ter o virus nas mans e podémonos contaxiar!

OS AMIGOS DO MONSTRUO ROSA

Imaxe
Seguimos a traballar co conto "O monstruo rosa" (Club de Letras). Sabedes a quen coñecemos?, aos amigos do monstruo rosa: Bicho pelota, páxaro amarelo, ra de 3 ollos e monstruo azul.

RECOLLEMOS AS FRESAS

Imaxe
Aproveitando que estabamos no patio, recollemos as fresas... E para o comedor

CHEGOU O MOMENTO DE TRANSPLANTALAS!!!

Imaxe
As sementes que xerminamos xa están listas para transplantar.  Baixamos ao patio e Jorge (mestre de EF) xa tiña todo preparado, así que mans a obra! 1- Enchemos as macetas de terra. 2- Facemos os buracos na terra. 3- Transplantamos. 4- Regamos 5- Aproveitamos para sacar as malas herbas.

O NOSO CONTO XA CASE ESTÁ REMATADO!

Imaxe
E xa case rematamos a representación do noso conto!

COMO MEDRARON!

Imaxe
 Así atopamos o martes as nosas plantas o martes!