Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta MAGOSTO

CASTAÑAS COCIDAS

Imaxe
A nosa aula foi a encargada de facer castañas cocidas no apartamento. O mércores deixamos preparadas as castañas e o venres a primeira hora cocémolas no apartamento.  E hoxe celebramos o MAGOSTO! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/11/celebramos-o-magosto.html

MAGOSTO 2022

Imaxe
Hoxe celebramos o Magosto!. Mira que nos gustan as festas do Outono. Comemos castañas no patio cuberto (e iso que o xornal de onte dicía que non ía chover...) e despois fixemos obradoiros e xogos. No ximnasio pescamos e buscamos castañas en equipo. No salón de actos lanzamos castañas e experimentamos con diferentes caixas sensoriais. E na sala de xogos pintamos follas e creamos un collage-mural.