Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CONVIVENCIA

AS NOSAS MANS SERVEN PARA...

Imaxe
O martes dixemos NON a violencia de xénero a través da actividade "As nosas mans serven para... e non para mancar". Na aula 5 demos continuidade a esa actividade e fixemos o noso propio mural coas nosas mans. Paula deunos as indicacións do que tiñamos que facer e nós tivemos que organizar e planificar as nosas accións.

NORMAS DO SIMON

Imaxe
E xa temos listas as normas doutro xogo da Biblioteca, o "Simon". Pasamos un rato divertido xogando e despois chegou o momento de recordar os pasos que fixemos para xogar.

TREN A-B-C

Imaxe
Nesta ocasión o alumnado da aula 5 elixiu o xogo "O tren A-B-C" para establecer as normas. Para establecelas xogamos varias veces e finalmente escribimos os pasos que seguimos para xogar.  Isto tamén nos serviu para practicar a solución de problemas da vida cotiá. Os xogos foron elixidos polo alumnado, pero tiñamos un empate, entre o "Tren ABC" e o "Saimon". Buscamos diversas opcións para resolver o desempate e gañou o sorteo. 

LINCE. NORMAS DE XOGO

Imaxe
Na Biblioteca do centro hai xogos de mesa para pasar un bo rato cos compañeiros/as, pero é moi importante establecer unhas normas e saber como se xoga. Na aula 5 empezamos a facer pequenos carteis coas normas de cada xogo. O primeiro "O lince".