Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

TERAPIA CANINA

Imaxe
 Hoxe tivemos Terapia Canina!.  A esperar 15 días... Xa as botamos de menos!

CATEDRAL AO ESTILO LAXEIRO

Imaxe
O 1 de abril foi o Día das Artes Galegas, que este ano tivo como protagonista a Laxeiro. No xornal do mércores había unha noticia relacionada con Laxeiro, así que decidimos crear un debuxo parecido aos que fai Laxeiro. Como estamos a realizar o Camiño de Santiago non hai mellor debuxo que o final do Camiño, a Catedral de Santiago.  Que vos parece a nosa obra? Foi un traballo en equipo, onde participamos todos e todas!. Primeiro debuxamos a catedral unindo puntos. Despois repasámola con pintura negra (e para non esperar tanto secámola cun secador). E por último pintámola de azul, vermello e amarelo. 

PLANTAMOS LEITUGAS!

Imaxe
O alumnado do 3º nivel plantamos leitugas no invernadoiro. O primeiro que fixemos foi repasar os ocos. Despois plantamos as leitugas. E por último regamos.

CORES DE PRIMAVERA

Imaxe
Hoxe traballamos no "Libro da Primavera".  Collemos as diferentes pinturas e pintámolas no libro.  Despois pintamos nunha cartolina respectando os debuxos dos demais. Cando rematamos saímos ao recinto exterior do centro buscando as cores na natureza. Saímos ao recinto exterior do centro e buscamos as cores na natureza. Cando atopabamos unha cor sacámoslle unha foto coa tarxeta desa cor. 

RECOLLENDO ACELGAS

Imaxe
Hoxe recollemos as últimas acelgas... a esperar que volvan medrar.

BUSCANDO AS FLORES. PRIMAVERA

Imaxe
Unha das principais características da Primavera é a chegada das flores aos campos. Así que saímos ao patio e buscamos as flores.  Utilizamos a aplicación PlanNet para coñecer os seus nomes. Recollemos algunhas e deixámolas secar na aula dentro duns xornais.

RECUNCHO DE XARDINERÍA

Imaxe
Cada mañá unha das primeiras cousas que facemos na aula é traballar no noso "Recuncho de Xardinería" onde aprendemos a coidar as plantas. Pouco a pouco van crecendo, o que non temos tan claro é se son caléndulas!

Coñecendo o entorno

Imaxe
Cando facemos a milla diaria ou traballamos no invernadoiro é habitual que nos atopemos con algúns seres vivos dos cales aproveitamos para falar. Observándoos aprendemos cousiñas sobre o noso entorno. Mirade cales foron algúns dos animaliños e flores que atopamos nestas últimas semanas...

Terapia canina (4)

Imaxe
Hoxe despedimos o trimestre na mellor compañía. Tivemos visita canina! Como nos emociona pasealos e como nos relaxa acaricialos...

Mantemento do invernadoiro

Imaxe
As malas herbas non nos dan tregua... De vez en cando os labregos da aula 5 encárganse  de manter o invernadoiro e xa vedes que enchemos sacos e sacos.

Mural “O que sobra” (2º trimestre)

Imaxe
Ás veces encontrámonos con pequenas cantidades de pintura sobrante dalgunhas actividades que realizamos na aula. Nós non somos de desbotar nada, polo que aproveitamos para facer debuxos libres no mural “O que sobra” . Aquí tedes a nosa obra do segundo trimestre.

Que cousas nos gustan?

Imaxe
A través do Plan de Benestar Emocional   e o proxecto Así son eu , traballamos as nosas emocións, os nosos gustos, como os expresamos... Na aula 5 falamos daquelas cousas que nos gustan a cada un de nós (moitos destes gustos son compartidos, como a música ou a festa) e daquelas que nos desagradan ou molestan. 

Primavera

Imaxe
En cada estación preparamos un mural representativo da mesma. Esta semana comezamos co da primavera e, claro... tiña que ser moi colorido.