Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta NATUREZA

A RECICLAR!

Imaxe
A patrulla EcoBarcia saíu a reciclar aos contedores de papel e plástico que hai preto do cole. Como en cada saída que realizamos, poñemos en práctica como ser peóns responsables (camiñar pola beirarrúa, cruzar polo paso de peóns...).

LIMPANDO O INVERNADOIRO

Imaxe
Hoxe tocou limpar o invernadoiro e despois tirar as herbas malas ao composteiro. Temos malas noticias, das nosas plantas que xerminamos, só o castaño segue crecendo...

REMATAMOS O CADERNO DE CAMPO

Imaxe
Tras un curso observando os cambios que se producen na Natureza, rematamos o noso caderno de campo!

REFLEXIONAMOS SOBRE AS IMAXES

Imaxe
Chegou o momento de planificar o traballo final. Para iso expoñemos o que vemos nos carteis e como cambian as nosas árbores co paso das estacións, sacando conclusións.

QUE RICOS AMORODOS!

Imaxe
Despois do Obradoiro recollemos as malas herbas e tirámolas no composteiro. Recollemos amorodos, lavámolos e compartímolos!

OBRADOIRO DE COIDADO DE PLANTAS.

Imaxe
Hoxe no invernadoiro realizamos un pequeno obradoiro de coidado de plantas con ASPAS!

AS PLANTAS AROMÁTICAS

Imaxe
Coñecemos as plantas aromáticas!. Para a semana que ven, realizaremos un pequeno obradoiro con elas.

QUE TIPO DE ÁRBORE É?

Imaxe
Clasificamos as nosas árbores: folla caduca ou folla perenne.

EN QUE ESTACIÓN?

Imaxe
Comezamos a elaborar o noso traballo final. Para iso colocamos en cada foto a estación na que estabamos cando tomamos a foto.

TRABALLANDO NO INVERNADOIRO

Imaxe
Hoxe traballamos no invernadoiro!. Prontiño plantaremos, polo que temos que ter todo listo. Ademais transplantamos unha mentas, recollemos amorodos e tiramos as malas herbas no composteiro. Ao volver á aula preguntámonos... que pasaría se plantamos un amorodo e un plátano... e así o fixemos. Agora temos a dúbida, nacerán?

COMO MEDRAN AS FOLLAS!

Imaxe
As árbores do patio xa están cheas de follas!. Como se nota que estamos na Primavera!

TRASLADÁMOLAS AO INVERNADOIRO!

Imaxe
Levamos as nosas plantas ao invernadoiro, xa que hai un sistema de rego automático e así terán auga tódolos días durante a Semana Santa. A esperar a volta das vacacións para ver como están!

CHEGA A PRIMAVERA

Imaxe
Continuamos co rexistro dos cambios na Natureza co paso das estacións... estamos en Primavera!

NECESITAN AUGA!

Imaxe
Cada día revisamos as nosas plantas e regámolas!. 

COMO CAMBIA A NATUREZA

Imaxe
Seguimos observando os cambios na natureza co paso das estacións!

A IMPORTANCIA DA AUGA

Imaxe
Cada semana coidamos das nosas plantas. Como seres vivos que son, necesitan a luz do sol e a auga para vivir.

COÑECENDO AS ÁRBORES DO PATIO

Imaxe
Xa sabemos algo máis dos froitos das árbores do patio!

COMEZAMOS A LIMPAR O INVERNADOIRO

Imaxe
Aproveitamos que hoxe non choveu para empezar a limpar o invernadoiro. Que faltiña tiña!... e o que nos queda!.

CADERNO DE CAMPO

Imaxe
Continuamos a rexistrar os cambios na natureza co paso dos días e das estacións!

A PLANTA INESPERADA!

Imaxe
Naceunos unha planta coa que non contabamos... na terra das macetas que non xerminaron apareceu unha planta!!!.