Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta DI NON AS BARREIRAS

RECICLAMOS PLÁSTICO!

Imaxe
Hoxe saímos a tirar plástico ao contedor que hai preto do centro. Un compañeiro da aula utiliza unha cadeira eléctrica. Como non hai rampla para acceder á beirarrúa tivo que ir pola estrada. Tal e como están deseñados os contedores, unha persoa en cadeira de rodas non podería tirar ela soa o material de reciclaxe (pola altura e o mecanismo para abrilos). 

DI NON ÁS BARREIRAS!

Imaxe
Hoxe cando iamos ao contedor de papel atopámonos cunha barreira que non nos gustou nada, enfádanos que xunto ao cole o paso de peóns e peoas non teña baixada! Unha vez superada a barreira, practicamos como debemos cruzar a estrada nun paso de peóns e peoas sen semáforo.