Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

MONSTRUO ROSA

Imaxe
"Monstruo Rosa" é un dos contos que estamos a traballar dentro do "Club de Letras". Na aula 5 empezamos a debuxar este conto!

REGAMOS NA AULA!

Imaxe
Cada mañá unha das primeiras actividades que facemos é regar as nosas plantiñas!

CAMIÑAR CO SOLIÑO QUE BEN SENTA!

Imaxe
Cada día realizamos a "Milla Diaria" e que alegría cando o podemos facer polo patio!

PRENSA ESCOLA

Imaxe
 Cada mércores traballamos cos xornais, comentando as noticias que nos parecen máis interesantes.

REGAMOS

Imaxe
O 3º nivel do cole (aulas 3,5 e 7) plantamos no invernadoiro leitugas, acelgas, cebolas e pementos. Establecemos quendas para ir a regar, xa que necesitan moita auga para crecer!.

LAVA AS MANS

Imaxe
 Super5 segue a darnos consellos para evitar os contaxios por Covid-19.

REGAMOS NA AULA E SORPRESA!!!

Imaxe
Como seres vivos que son, as nosas plantas precisan auga para vivir, así que cada día regámolas. e sabedes que?, pensabamos que as pepitas de mazás que plantamos non ían nacer, pero unha sí que empezou a medrar...

A COUSA VAI MELLOR

Imaxe
A cousa vai mellorando, pero MOITO SENTIDIÑO!

DÍA DA POESÍA

Imaxe
O 21 de marzo foi o Día Mundial da Poesía . O Equipo de Biblioteca propúxonos traballar a poesía na aula. A nós tocounos unha poesía moi bonita que leva por título "A Música".

REGAMOS NO INVERNADOIRO

Imaxe
 Hoxe estivemos regando no invernadoiro as plantas do 3º nivel (acelgas, leitugas, cebolas e pementos).

TRANSPLANTAMOS AS NOSAS FABAS E LENTELLAS XERMINADAS

Imaxe
 Mirade como creceron! E chegou o momento de transplantalas.

COÑECEMOS AS FROITAS: FRESAS E PERAS

Imaxe
Seguimos a traballar coas froitas!. Trouxemos á aula fresas e peras e experimentamos con elas!. Tamén intentamos sacar as sementes... das fresas conseguimos coller unhas pouquiñas, pero nas peras non viña nin a primeira!

TRABALLAMOS A GRAFOMOTRICIDADE

Imaxe
Tódolos espazos da aula son funcionais para traballar!!!

O LAGARTO ROI. PRENSA ESCOLA

Imaxe
Queremos presentaros ao lagarto Roi, quen nos axudará cada mércores a coñecer un pouquiño do Camiño de Santiago. O 2021 e 2022 é Ano Santo!

LEITE ESCOLAR

Imaxe
Que rico que está, encántanos o leite!

MURAL "DO QUE SOBRA"

Imaxe
Somos uns artistas..., e sempre nos sobra pintura, así que como outros anos estamos a crear o mural "Do que sobra".

XOGAMOS COS NÚMEROS

Imaxe
Encántanos xogar cos números! (serie numérica, cantidades, problemas sinxelos e conceptos espaciais)

COMEZAMOS NO INVERNADOIRO

Imaxe
Coñecedes algunha aldea onde non se cultiven os prados?. Na nosa Aldea Barciana non temos prados, pero si un invernadoiro. A nosa aula tocoulle plantar acelgas. E despois de plantar, tocou regar... Así quedou o noso anaquiño de invernadoiro.

XERMINAMOS LENTELLAS E FABAS

Imaxe
Esta semana xerminamos lentellas e fabas (unha actividade do Equipo de Biblioteca): 1- Preparamos o algodón e metémolo nun recipiente. 2- Cun pulverizador mollamos o algodón e colocamos as lentellas e fabas. 3- Toca esperar.... E o venres deixámolas así....

MANTÉN A DISTANCIA DE SEGURIDADE!

Imaxe
Coa axuda de Super5 seguimos contando as medidas de seguridade contra o COVID-19.

SEMANA DA PRENSA

Imaxe
Esta semana foi "A SEMANA DA PRENSA". Como xa sabedes,a aula 5 participa no "Programa de Prensa-Escola" do xornal "La Voz de Galicia" polo que tódalas semanas traballamos co xornal na aula. Como esta foi unha semana especial pensamos en crear a noticia que toda a xente está a esperar nos xornais de todo o mundo, unha noticia desexada pero que non sabemos cando se publicará.  Esta é a nosa noticia, a mellor noticia do mundo (e que non tarde en chegar!!!)

AS GALIÑAS. FIN

Imaxe
Esta semana rematamos coas galiñas!. Aquí tedes o noso traballo final. PANEL DE CONTIDOS. ACTIVIDADE LIM. https://www.chiscos.net/xestor/chs/ticceeabarcia/connecemos_as_galinnas/connecemos_as_galinnas.html PRESENTACIÓN DE CONTIDOS: As galinas pdi aldea. aula 5 cee a barcia de ticceeabarcia SENTIMOS OS OVOS:   https://cadadiaeespecial.blogspot.com/2021/02/os-ovos.html

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imaxe
O Club de Letras do noso cole animounos a crear frases pola igualdade entre os homes e as mulleres, coincidindo co 8M. Aquí vos deixamos a que fixemos na aula 5.

PON A MÁSCARA!

Imaxe
Na aula 5 coñecemos moi ben o que temos que facer para evitar contaxios por Covid-19. Coa axuda de Super5 é hora de que volo contemos a todos e todas!

TRABALLAMOS OS NÚMEROS CO KAMISHIBAI (2)

Imaxe
Esta semana traballamos os números seguindo o Kamishibai que elaboramos conxuntamente  todo o cole!

CONTAMOS COS OVOS!

Imaxe
Ademais de usar o Kamishibai tamén xogamos cos ovos para contar e resolver problemas sinxelos.

AO PATIO!!!

Imaxe
Por fin puidemos baixar un pouquiño ao patio (e non só a camiñar!). 

ONDE ESTÁ...?

Imaxe
 Cos animais da nosa aldea realizamos varios xogos, entre eles: "ONDE ESTÁN...?".