Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta EDUSAÚDE

QUE FACER NAS VACACIÓNS?

Imaxe
Antes de comezar coa festa de fin de curso, recordamos o que podemos facer nestas vacacións!. 

OBRADOIRO USO SAUDABLE DE INTERNET. III

Imaxe
Onte e hoxe estivemos a preguntar ao persoal do centro que era o que facían no seu tempo de lecer, foron moitas e moi diversas as respostas. Con elas fixemos unha presentación na pantalla dixital.

DO INVERNADOIRO AO PRATO

Imaxe
A aula 5 fomos a encargada de recoller leitugas para o comedor. Que rica estaba!

VERDE CRUZAR, VERMELLO PARAR!

Imaxe
Recordade, cando estamos nun semáforo de peóns/peoas! VERDE: CRUZAR VERMELLO: NON CRUZAR

PROPIEDADES DA AUGA

Imaxe
Estamos a aprender moitas cousas sobre a auga, experimentando con ela!.

A IMPORTANCIA DAS NORMAS NOS XOGOS

Imaxe
Hoxe na Biblioteca entre todos eliximos un xogo, a TORRE. Falamos da importancia das normas nos xogos e establecemos as deste xogo. Despois na aula escribímolas na pantalla e xa están na Biblioteca. Os xogos de mesa son unha moi boa opción para ocupar o noso tempo libre.

XERMINAMOS E TRANSPLANTAMOS SEMENTES DE MELÓN

Imaxe
Xerminamos sementes de melón.  E cando creceron un pouquiño, para a maceta! Agora a esperar a que crezan para transplantalas!

TIPOS DE AUGA

Imaxe
Rematamos a nosa presentación sobre a auga. Aproveitamos para falar das imaxes que hai en internet e que non todas se poden usar.

QUEN É QUEN?

Imaxe
O alumnado da aula 5 fixo na Pantalla Dixital un retrato. Quen é quen?

PAPAYA E MANGO

Imaxe
No libro “A araña e máis eu” co que traballamos dentro do PDI “Así son eu” fala de varias froitas, entre elas o mando e a “papaya”. As aulas 5 e 7 xuntámonos para coñecer estas dúas froitas e están boísimas! (xa é a segunda vez que nos xuntamos, fai uns días para coñecer a “papaya” e hoxe tocou o mango). https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/05/conecemos-novas-froitas.html

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIARIA

Imaxe
Hoxe veu coordinador de “Mobilidade sostible e segura” para realizar un obradoiro de educación viaria. Primeiro tivemos unha pequena charla para recordar como temos que facer para ser peóns e peoas responsables e despois saímos ao patio onte tiñamos un circuíto para practicar o aprendido. Tamén veu un garda civil de tráfico coa súa moto e puidemos montar nela! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/05/educacion-viaria.html

CRUZAR. SEMÁFORO DE PEÓNS E PEOAS

Imaxe
Cando o semáforo de peóns/peoas está en verde podemos cruzar.

NON PASAR. SEMÁFORO DE PEÓN E PEOAS

Imaxe
Cando o semáforo está en vermello... NON PASAR! Experimentamos cunha aplicación que nos gustou moito! (ChatterPix Kids)

XERMINAMOS PAPAYA

Imaxe
Hoxe traballamos coa aula 7 a “Papaya” unha froita que aparece no libro “A araña máis eu” que estamos a traballar dentro do PDI “Así son eu”. Cando rematamos decidimos intentar xerminar as sementes de “papaya”. Canda un de nós tiñamos asignada unha función dentro do proceso de xerminación.

PLANTAMOS TOMATE, LEITUGA, BRÓCOLI E COLIFLOR.

Imaxe
Hoxe plantamos tomates, leitugas, brócoli e coliflor!

PLANTAMOS E TRANSPLANTAMOS

Imaxe
Plantamos leitugas e aproveitamos para transplantar parte da “horta de 5”.

PRENSA ESCOLA 8 DE MAIO

Imaxe
E como cada mércores o xornal chega á aula 5!. O primeiro que facemos é pagar o noso xornal. Despois sinalamos as noticias ou imaxes que máis nos chamen a atención e aquelas que están relacionados cos nosos paneis. Hoxe centrámonos nos peixes de auga doce (vai ser a Festa da troita). Utilizando os novos paneis dixitais elaboramos unha pequena presentación cos peixes de auga doce. 

VOLVE A MAREA AMARELA

Imaxe
Co bo tempo a marea amarela volve colocarse os chalecos amarelos!. Volvemos a facer a milla diaria pola contorna do centro. Esta primeira saída tivo varias finalidades: Facer a Milla Diaria. Coñecer a contorna natural onde está o centro. Poñer en práctica os contidos de educación viaria traballados na aula. Recoller flores, xestas, fiúnchos... para a construción do Maio. https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/05/recollendo-flores-xestas-fiunchos.html

A AUGA

Imaxe
A auga é imprescindible para as persoas e para todo ser vivo. Buscamos en internet información sobre a auga e comezamos a realizar unha presentación no encerado dixital interactivo.

COMPRAMOS FROITA!

Imaxe
Estivemos a traballar cos euros e as froitas!. Chegaran os cartos?, Cantos euros necesito?, se quero mercar unha sandía de 2 kg canto me costa?