O 10 de outubro foi o Día Mundial da visión. Ese día comezamos a traballar os sentidos dentro de "Coidamos o noso corpo". A través de diferentes actividades práctica iremos coñecendo o sentido da vista e tamén como debemos coidar os ollos.
Hoxe a enfermeira do cole, Irene, veu á aula a recordarnos como se fai un bo lavado de mans!. Moitas grazas Irene e moita sorte!. Botarémoste de menos!
Na aula 5 seguimos a traballar as medidas preventivas pola Covid a través de "Moito sentidiño". https://cadadiaeespecial.blogspot.com/2021/05/moito-sentidino.html
Na aula 5 gústanos moito levar un estilo de vida saudable, así que cada camiñamos unha milla (dentro do Plan Proxecta). Se fai bo tempo (e dicir, se non chove) facémola por fóra. E cando chove... a camiñar por dentro do cole!