Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ER:EDUCACIÓN RESPONSABLE

A NOSA PRAIA

Imaxe
Continuamos a crear a nosa praia (para a actividade da alegría a través da vista, pensamos nas cousas que hai nunha praia).

ALEGRÍA A TRAVÉS DA VISTA. PARTE II

Imaxe
Xa rematamos a nosa aportación á obra "Alegría a través da vista".  E o Equipo de Educación Responsable xa creo a obra de arte, queredes vela?. No blog do cole "O recuncho dos sonos" podedes vela.

ALEGRÍA A TRAVÉS DA VISTA. PARTE I

Imaxe
Empezamos a traballar a alegría a través da vista. O primeiro que fixemos foi pensar nunha paisaxe que nos gustara, onde nos sentiramos ben, contentos e felices... e a que non sabedes que dixeron os/as alumno/as da aula 5.... A PRAIA, por que será? Despois falamos das cousas que hai na praia e que nos gustan: mar, area, algas, sol, ceo, xeado... e das súas cores. Cada neno/a elexiu un compoñente da praia e a súa cor. A continuación puxémonos mans a obra coa actividade que nos propuxo o Equipo de Educación Responsable. Partimos periódicos en anacos pequenos. Pegamos os anacos de xornal nunha cartolina e pintámola da cor da praia que eleximos (aínda en proceso...) E como nos sobraban xornais decidimos empezar a construir a nosa praia coas cousas que dixemos.

REFLEXARTE!

Imaxe
Encántanos expresar as nosas emocións a través da arte. Dentro do Recurso "Reflexarte" de Educación Responsable elaboramos uns murais onde expresamos as diferentes emocións desde as nosas mans.

SENTIMOS AS EMOCIÓNS A TRAVÉS DOS SENTIDOS. ALEGRÍA - TACTO

Imaxe
O Equipo de Educación Responsable propúxonos unha nova actividade dentro do programa "Sentimos as emocións a través dos sentidos". Nesta ocasión traballamos co tacto.... que agradable eran algunhas texturas, que desconfianza con outras, un pouquiño áspera... non me gusta, que suave ...

SENTIMOS A ALEGRÍA A TRAVÉS DO OLFACTO

Imaxe
O Equipo de Educación Responsable propúxonos unha nova actividade, nesta ocasión sentiremos a alegría a través do sentido do olfacto. Tapamos os ollos e ulimos diferentes bores, tiñamos que indicar se nos gustaba ou non nos gustaba ese cheiro!

UN ANO MOI "RARIÑO"

Imaxe
Dentro do programa "Educación Responsable" estivemos traballando as diferentes emocións que vivimos ao longo deste curso, centrándonos en 4: alegría, medo, tristeza e ira.  Fixemos un mural que compartimos con todos para axudarnos a completalo!

SENTIMOS A ALEGRÍA A TRAVÉS DO SENTIDO DO GUSTO

Imaxe
Aínda que cada mañá experimentamos a alegría co sentido do oído, hoxe realizamos outra actividade proposta polo Equipo de Educación Responsable: sentir a alegría a través do sentido do gusto. Unha rica receita: O primeiro foi elaborar o zume: E a continuación os outros ingredientes: E por último o mellor, rico, riquísimo! E repetimos!

TRABALLAMOS A ALEGRÍA A TRAVÉS DO SENTIDO DO OÍDO

Imaxe
O Equipo de Educación Responsable do centro deseñou diferentes actividades para traballar a alegría a través dos sentidos. comezamos polo sentido do oído. Así que todos en pé e a mover o esqueleto para enchernos de enerxía!

ESO QUE TI ME DÁS... ESO QUE EU CHE DOU

Imaxe
Hoxe é o "DÍA DE SAN VALENTÍN", o día do AMOR. Esta semana estivemos a traballar esta emoción que tanto nos gusta e que nos fai sentir moi ben e únicos para moita xente que nos quere. Pero non so recibimos amor, tamén damos moito amor. Representamos o que é o amor para nós nun mural. Escoitamos unha canción preciosa que se chama "Eso que tú me das" de Jarabe de Palo. Despois falamos sobre o que nos dan as persoas que queremos e o que lle damos nós. Debuxamos un corazón para a xente que nos quere. Na clase de Relixión tamén traballamos o AMOR.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Imaxe
Xa sabemos cales son as cousas boas que queremos na nosa vida e as cousas malas que non queremos.  O seguinte paso foi construír a nosa muralla, para iso usamos as siluetas das nosas mans (e as que nos enviastes, grazas!) construímos a nosa muralla. E comezamos o xogo! Unha compañeira indica unha das imaxes. E indicamos se abrimos ou pechamos a muralla. Pechamos a muralla as cousas malas! E abrimos a muralla as cousas boas! Tamén participamos na actividade a nivel de centro organizada polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. http://ceeabarcia.blogspot.com/2021/02/conmemoracion-30-de-xaneiro-dia-escolar.html E no vídeo "Somos el mundo" http://ceeabarcia.blogspot.com/2021/01/somos-el-mundo.html

NADARÍN.

Imaxe
Este trimestre estivemos a traballar co conto "Nadarín" dentro do programa "Educación Responsable: Lectura e emocións". Foi un traballo entre todos onde aprendimos o importante e divertido que é traballar en grupo. Aquí vos deixamos o noso conto, esperamos que vos guste! Este trimestre estuvimos trabajando con el cuento "Nadarín" dentro del programa "Educación Responsable: Lectura y emociones". Fuen un trabajo entre todos donde aprendimos lo importante que es trabajar en grupo. Aquí os dejamos nuestro cuento, esperamos que os guste!

TES CARA DE...

Imaxe
O noso centro participa desde fai 2 anos no Programa Educación Responsable da Fundación Botín. Na aula 5 estivemos a traballar as emocións a partir das caras. Nuestro centro participa desde hace 2 años en el Programa Educación Responsable de la Fundación Botín. En el aula 5 estuvimos trabajando las emociones a partir de las caras.