Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta INVERNADOIRO

LIMPANDO O INVERNADOIRO

Imaxe
Hoxe tocou limpar o invernadoiro e despois tirar as herbas malas ao composteiro. Temos malas noticias, das nosas plantas que xerminamos, só o castaño segue crecendo...

QUE RICOS AMORODOS!

Imaxe
Despois do Obradoiro recollemos as malas herbas e tirámolas no composteiro. Recollemos amorodos, lavámolos e compartímolos!

OBRADOIRO DE COIDADO DE PLANTAS.

Imaxe
Hoxe no invernadoiro realizamos un pequeno obradoiro de coidado de plantas con ASPAS!

TRABALLANDO NO INVERNADOIRO

Imaxe
Hoxe traballamos no invernadoiro!. Prontiño plantaremos, polo que temos que ter todo listo. Ademais transplantamos unha mentas, recollemos amorodos e tiramos as malas herbas no composteiro. Ao volver á aula preguntámonos... que pasaría se plantamos un amorodo e un plátano... e así o fixemos. Agora temos a dúbida, nacerán?

RECOLLEMOS AMORODOS!

Imaxe
Xa temos amorodos no invernadoiro!. Recollémolos e limpamos as malas herbas.

XERMINAMOS PAPAYA

Imaxe
Hoxe traballamos coa aula 7 a “Papaya” unha froita que aparece no libro “A araña máis eu” que estamos a traballar dentro do PDI “Así son eu”. Cando rematamos decidimos intentar xerminar as sementes de “papaya”. Canda un de nós tiñamos asignada unha función dentro do proceso de xerminación.

PLANTAMOS E TRANSPLANTAMOS

Imaxe
Plantamos leitugas e aproveitamos para transplantar parte da “horta de 5”.

A HORTA DE 5

Imaxe
En febreiro intentamos xerminar unhas pebidas de mandarinas e peras, que pillamos da froita do comedor. Non tiñamos moitas esperanzas de que xerminaran, pero co tempo conseguímolo. Así que chegou o momento de transplantalas. Aproveitamos para transplantar o pementos.  E así deixamos a "Horta de 5" o venres!

XERMINANDO MAZÁS!

Imaxe
No comedor do noso cole comemos moita froita. peras, plátanos, mazás... A nosa mestra subiu unhas pebidas de mazás para ver se eramos capaces de xerminalas... xa somos uns expertos!!! E a deixalas tapadas e ás escuras por uns días...  Xerminou unha!. Pasámola a unha maceta. E hoxe abrimos o tapper e había outra!!!

ACONDICIONANDO O INVERNADOIRO

Imaxe
Hoxe tocou comezar a preparar o invernadoiro para poder plantar! Atopamos dous animaliños!

ASÍ AS DEIXAMOS!

Imaxe
Durante este trimestre estivemos a xerminar diversas sementes, e moitas delas creceron.  Así as deixamos o último día de cole do 2023!

AS NOSAS PLANTAS CRECEN!

Imaxe
As sementes que xerminamos xa medraron un pouquiño. Temos pementos, cabazas e un castaño nas macetas!. Tódolos días observamos o seu crecemento e botámoslle auga.

LIMPAMOS INVERNADOIRO

Imaxe
Tódalas semanas limpamos o invernadoiro de malas herbas. 

PARA A MACETA!

Imaxe
As nosas cabazas están listas para ir parar a maceta! Aproveitamos e intentamos xerminar as pebidas que lle sacamos onte aos kiwis. 

PERIGO, PERIGO... A TRANSPLANTAR

Imaxe
Xa acenderon a calefacción do cole, as nosas plantas corren perigo.  Tivemos que transplantar as nosas plantas xa que a calefacción non lle senta moi ben... agora témolas en macetas na entrada da aula. 

AS NOSAS SEMENTES CRECEN

Imaxe
Así están as nosas sementes! A través delas aprendemos como dunha semente nace unha planta e os coidados que necesitan para crecer.

PLANTAMOS LEITUGAS

Imaxe
Hoxe plantamos leitugas no invernadoiro. Aproveitamos para recoller algún tomate e comparalo cos que non se podían coller.

LIMPANDO O INVERNADOIRO!

Imaxe
Hoxe estivemos a limpar o invernadoiro... para a semana seguramente empecemos a plantar! E non estabamos sós...

EXPERIMENTANDO DIFERENTES FORMAS DE XERMINACIÓN II

Imaxe
Hoxe tocounos experimentar a xerminación usando bolsas zip. E agora toca esperar...

E DUNHA SEMENTE... NACE UN SER VIVO!

Imaxe
As nosas sementes de pemento xerminaron moi ben e chegou o día de plantalas nunha maceta e esperar a ver se crecen!