Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta POLOS CREATIVOS

LAPIS 3D

Imaxe
Hoxe aprendemos a utilizar os lapis 3D creando unhas bolboretas!. Como nos gusta experimentar con novos recursos.

CATALOGAMOS AS ÁRBORES DO PATIO

Imaxe
O Equipo de Polos Creativos imprimiunos na impresora 3D unhas placas para colocar nas árbores do patio.

OBRADOIRO RADIO ESCOLAR

Imaxe
Comezamos o Obradoiro de Radio Escolar!

QUEN ESTÁ DETRÁS DAS FIESTRAS?

Imaxe
Fomos a aula 3 para xogar ao xogo “Quen está   detrás das fiestras?”, un xogo que fixeron usando o Makey Makey e o Scratch.

ENSINANDO EDUCACIÓN VIARIA A PHOTON

Imaxe
Hoxe xuntámonos a aula 5 e a aula 3 para ensinarlle a Photon os semáforos!

SUMANDO CON PACA E PACO

Imaxe
Cos dados e con Paca e Paco xogamos ás sumas!

A VISTA 2

Imaxe
Continuamos coñecendo o sentido da vista, coas cores e as posicións. Utilizamos a "Paca" o robot de Polos Creativos e a "Paco" o noso robot de aula. 

PETRÓGLIFOS. ÚLTIMO RETO ACADADO

Imaxe
Hoxe rematamos o noso último reto de Polos Creativos, creamos a nosa pedra! Fixemos bolas cos xornais, debuxamos a base da pedra e botamos cola. Pouco a pouco colocamos as bolas de papel. E chegou o momento de pintar a roca e despois a debuxar os nosos petróglifos. Aquí tedes a nosa pedra cos nosos petróglifos.

CREAMOS OS NOSOS PETRÓGLIFOS

Imaxe
Coas follas de papel reciclado creamos os nosos propios petróglifos. Que será o que representamos?

OBRADOIRO DE RECICLAXE DE PAPEL

Imaxe
Cos xornais xa usados de prensa escola fixemos un obradoiro de reciclaxe: 1- Cortar en anacos pequenos unhas follas de xornal. 2- Botamos auga quente e deixámolo repousar un pouquiño. 3- Trituramos todo co batedor eléctrico. 4- Collemos o molde de madeira e reixa, sumerxémola ata o fondo, escorremos a auga e botámolo nunha saba. E cada pouco removemos cunha culler. E a secar!

PETROGLIFOS IV

Imaxe
Avanzamos na consecución dos retos en Polos Creativos "Petróglifos". Hoxe estivemos xogando e aprendendo co noso robot!

PETROGLIFOS III

Imaxe
Rematamos o segundo reto!!!. Realizamos petróglifos nunha plastilina moi especial (que seca e endurece).

PETRÓGLIFOS II. POLOS CREATIVOS

Imaxe
Continuamos tocando, vendo e sentindo os petróglifos. Xa rematamos o 1º reto, a volta das vacacións iniciaremos o 2º. Ademais estivemos a imaxinar que era o que querían expresar cos mesmos: unha chave, unha diana... ata un avión.

PETRÓGLIFOS I. POLOS CREATIVOS

Imaxe
Dentro do programa "Polos Creativos" estamos a coñecer os petróglifos.  O primeiro reto que nos propoñen é "Sentimos os petróglifos".  Sentimos e imaxinamos como son. Debuxamos como cremos que son e comparámolos co debuxo. E para rematar debuxamos e rotulamos o petróglifo,