Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta SERIE NUMÉRICA

ADORNOS DE NADAL III

Imaxe
Na aula 5 creamos a nosa árbore de Nadal e ao mesmo tempo traballamos as figuras xeométricas, os números, as cantidades e as nosas eleccións.  O primeiro que fixemos foi identificar a forma que tiña e despois debuxala e pintala.  Identificamos a forma das bolas e xogamos cos dados e as boliñas de papel. Cada un/unha lanzou o dado e pegou tantas boliñas como número sacou.  Para pintar as bolas da árbore, primeiro elixiamos unha cor e despois lanzamos o dado, cada un/unha pintou tantas bolas como número sacou. Para rematar escribimos a nosas Felicitacións de aula. Quedou secando na aula, así que o luns amosaremos a nosa árbore!!!

XORNAL, DADOS E NÚMEROS!

Imaxe
Na aula 5 buscamos formas divertidas para traballar os números! Fixemos boliñas coas follas dos xornais de onte, lanzamos os dados xigantes e a colocar tantas bolas como puntiños saíron.

BEE-BOT. UN ROBOT NA AULA

Imaxe
A aula 4 deixounos o seu Bee-bot, un robot abella que nos axudará a aprender os conceptos espaciais e tamén os números. Queremos un!!!

TRABALLAMOS OS NÚMEROS COS ANIMAIS

Imaxe
Traballamos os números cun material que elaboramos no cole fai uns cursos para conmemorar o "Día da Ilustración" ( http://ceeabarcia.blogspot.com/2021/01/dia-da-ilustracion-kamishibai.html )

NÚMEROS, FROITAS E DADOS

Imaxe
Hoxe xogamos cos números, as froitas e os dados. Primeiro estivemos na aula e despois baixamos ao patio onde tamén traballamos coas xices. 

CONTAMOS COAS CASTAÑAS

Imaxe
Coas castañas que apañamos o venres no patio, fixemos un xogo de contar de 1 ata o 10. O xogo consistía en: tiñamos que contar cantas castañas había nunha caixa. Colocabamos as castañas debaixo de cada número seguindo a recta numérica. Cando rematamos tiñamos que indicar cantas castañas tiñamos e atopar o número noutro panel. Para finalizar colliamos o número e colocabamos as castañas ao lado. 

XOGANDO COS NÚMEROS

Imaxe
Como nos gusta xogar cos números na PDI!

XOGAMOS COS GOMETS E OS NÚMEROS

Imaxe
Hoxe fixemos un xogo onde tiñamos que atopar os gomets que tiñamos pegados polo corpo e despois colocalos no seu lugar. Seguro que nos levamos algún para a casiña!

TRABALLAMOS OS CONCEPTOS MATEMÁTICOS

Imaxe
Seguimos a traballar a serie numérica e a xogar cos números!

XOGAMOS COS NÚMEROS

Imaxe
Encántanos xogar cos números! (serie numérica, cantidades, problemas sinxelos e conceptos espaciais)

TRABALLAMOS OS NÚMEROS CO KAMISHIBAI (2)

Imaxe
Esta semana traballamos os números seguindo o Kamishibai que elaboramos conxuntamente  todo o cole!

CONTAMOS COS OVOS!

Imaxe
Ademais de usar o Kamishibai tamén xogamos cos ovos para contar e resolver problemas sinxelos.

TRABALLAMOS OS NÚMEROS CO KAMISHIBAI

Imaxe
Esta semana estivemos traballando a serie numérico co Kamishibai que elaboramos tódalas aulas do cole polo día da Ilustración (actividade organizada pola Biblioteca do cole).

GÚSTANNOS OS NÚMEROS!

Imaxe
 Facendo da serie numérica un xogo!

APLICACIÓNS PARA TRABALLAR A SERIE NUMÉRICA

Imaxe
Imos traballar a serie numérica dunha maneira diferente. Collede o móbil ou a tablet e descargade estas aplicacións. Vamos a trabajar la serie numérica de una manera diferente. Coger el móvil o la tablet y descargar estas aplicaciones. 1- APRENDER NÚMEROS https://play.google.com/store/apps/details?id=com.oki.numbers&gl=ES 2- JUEGOS EDUCATIVOS. APRENDE LOS NÚMERO https://play.google.com/store/apps/details?id=com.edujoy.baby.numbers&gl=ES

SERIE NUMÉRICA

Imaxe
Agora imos a traballar a serie numérica! (os números!) Ahora vamos a trabajar la serie numérica! (los números!) 1- Dicimos o nome dos números (decimos el nombre de los números) 2- Onde está...? Necesitas a axuda de alguén... que diga un número e ti sinálalo (¿Dónde está? necesita la ayuda de alguien... que diga un número y tú lo señalas) 3- Serie numérica. Numeros do 1 ao 10 from ticceeabarcia 4- Contamos cousas: Pedídelle a algúén da vosa casa que vos poñan diferentes cantidades de pasta, botóns, boliñas de papel... e vos tédelas que contar. Contamos cosas: pedirle a alguien de vuestra casa que os pongan diferentes cantidades de pasta, botones, bolitas de papel... y vosotros las tenéis que contar. 5- SERIE NUMÉRICA II Serie numerica 2 from ceeabarcia 6- ACTIVIDADE Imos facer a seguinte actividade: Collede un folio e recortádeo en 10 partes. En cada parte escribide un número do 1 ao 10. Mesturade os números e colocádeos enriba dun...