Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2023

SEGUIMOS A COÑECER A NOSA COSTA!

Imaxe
A través da Milla Diaria ademais de realizar un pouquiño de exercicio físico diario, aprendemos moitas cousas sobre a nosa costa e tamén a traballar cos recursos tecnolóxicos da Biblioteca. 

ASÍ AS DEIXAMOS!

Imaxe
Durante este trimestre estivemos a xerminar diversas sementes, e moitas delas creceron.  Así as deixamos o último día de cole do 2023!

FELICES FESTAS!

Imaxe
A aula 5 quere desexarvos unhas Felices Festas e un moi bo 2014!

QUE SORPRESA!!!

Imaxe
 Adiviñade quen visitou hoxe a aula 5...

PINTANDO AS FIESTRAS!

Imaxe
O 3º nivel estivemos a adornar as fiestras do noso corredor!. A volta toca limpalas...

VOLVE TERAPIA CANINA

Imaxe
Hoxe volveron os nosos amiguiños peludos!!!

PRENSA ESCOLA: MÉRCORES 29 DE NOVEMBRO

Imaxe
Como cada mércores o xornal ven á aula 5. Comentamos as diferentes noticias que nos chamaron á atención e sobre todo aquelas que están relacionadas coa vida saudable, a educación viaria e a natureza. Nunha das noticias falaban dunha aplicación " Al menos tres " que busca fomentar o consumo de peixe. Descargámola e estivemos vendo diferentes receitas con peixe.

AS NOSAS PLANTAS CRECEN!

Imaxe
As sementes que xerminamos xa medraron un pouquiño. Temos pementos, cabazas e un castaño nas macetas!. Tódolos días observamos o seu crecemento e botámoslle auga.

FROITAS DO OUTONO III

Imaxe
Seguimos a aprender con e do Outono!

CAMIÑO AO RESPECTO

Imaxe
Hoxe a Milla Diaria foi especial, xuntos camiñamos polo respecto. Un camiño que hai que facer tódolos días para crear un mundo en igualdade.

MILLA DIARIA: AVANZAMOS POLAS PRAIAS

Imaxe
Seguimos aprendendo moitas praias galegas!. Nesta semana coñecemos as praias de Baldaio, A Frouxeira e Marouzos. Buscamos información en internet, a súa ubicación do Google Maps, buscamos unha foto e imprimímola. Ampliamos o noso mapa e na parede do corredor debuxamos a nosa ruta. 

LIMPAMOS INVERNADOIRO

Imaxe
Tódalas semanas limpamos o invernadoiro de malas herbas. 

COCIÑAMOS: OVOS COCIDOS

Imaxe
Hoxe cociñamos ovos cocidos! (onte fomos a cociña a preguntarlle a Jéssica (a cociñeira) como os tiñamos que facer). No apartamento puxemos o vídeo para recordar a receita. Collemos os ovos e falamos das súas características (con moito coidado, que son moi fráxiles) Collemos auga fría e metemos os ovos dentro. E poñémolos ao lume durante 10 minutos desde que empezan a ferver (aproveitamos para falar da medida do tempo).  Mentres esperamos fixemos a compra para o menú de hoxe no comedor. Pasados os 10 minutos sacámolos do lume e botámolos no vertedoiro (puxemos as manoplas... que a pota queima!). Cando arrefriaron un pouquiño puxemos a proba a súa dureza. Sacámoslle a casca... E a comelos! E antes de marchar... a fregar.

PARA A MACETA!

Imaxe
As nosas cabazas están listas para ir parar a maceta! Aproveitamos e intentamos xerminar as pebidas que lle sacamos onte aos kiwis. 

XORNAL 22 DE NOVEMBRO

Imaxe
E os mércores toca "PRENSA - ESCOLA". Hoxe tiñamos a noticia no cole, xa que unha mestra tivo problemas para chegar ao cole porque o tren no que ela viaxa tivo retraso, así que fixémoslle unha pequena entrevista.

FROITAS DO OUTONO II

Imaxe
Seguimos coñecendo un pouquiño máis as froitas do Outono. Nesta ocasión experimentamos co kiwi.

A FACER A COMPRA!

Imaxe
No apartamento do cole temos un pequeno mercado, aí que fomos mercar os ingredientes para o menú de hoxe!.

FOLLAS DE OUTONO

Imaxe
Parou de chover, pero cantas follas hai no patio... a recollelas!!!

MILLA DIARIA: CORRUBEDO E BALDAIO

Imaxe
Seguimos coñecendo un pouco máis as nosas costas a través da Milla Diaria. Esta semana paseamos polas praias de Corrubedo e Baldaio.

O CERCO, UN XEITO DE VIDA

Imaxe
Sabedes en que consiste a pesca do cerco?. Na aula 5 estivemos a traballalo dentro do programa "O cerco, un xeito de vida".

COCIÑAMOS: PATACAS COCIDAS

Imaxe
O martes fomos xunto a cociñeira do cole a que nos dera a receita de patacas cocidas, gravámola en vídeo e despois na aula escribimos a receita. Hoxe fomos ao apartamento a cociñalas!

PRENSA ESCOLA 15 DE NOVEMBRO

Imaxe
Un mércores máis traballamos cos xornais na aula! Tras buscar o que máis nos chamaba a atención, de realizar unha lectura compartida xeral do xornal e de recortar... aumentamos os nosos paneis de información. 

PRENSA ESCOLA 8 DE NOVEMBRO

Imaxe
Hoxe traballamos co xornal!

MILLA DIARIA: CARNOTA

Imaxe
Na milla diaria comezamos pola praia de Carnota, unha das máis longas de toda Galicia. Na aula 5 buscamos información desta praia en Internet e comezamos a completar o mapa da Milla Diaria.

FROITAS DO OUTONO I

Imaxe
Seguimos a coñecer máis cousas sobre o Outono. Coa axuda de internet fixemos un listado de froitas do Outono.