Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CP-EMOCIONA-T

FACEMOS DE CANGUROS!

Imaxe
Na aula 5 cocemos uns ovos e transformámolos nas nosas mascotas por uns días, cada un tiñamos que coidar o noso ovo para que non sufrira ningún dano.

ACTIVIDADE SENSORIAL "O MAR"

Imaxe
O 1º nivel organizou un obradoiro sensorial relacionado co mar. E como non!, alí fomos a experimentar e sentir o mar.

BEN OU MAL?

Imaxe
Esta semana traballamos como temos que comportarnos coas demais persoas para que todos nos levemos xenial!

TERAPIA CANINA!

Imaxe
O venres tivemos Terapia Canina!. Xa tiñamos ganiñas de ver aos nosos amiguiños peludiños.

AMOR, AMOR, AMOR...

Imaxe
Coincidindo co "Día de San Valentín" na aula 5 traballamos o amor entre os amigos e amigas!

AS COUSAS BOAS E AS COUSAS MALAS

Imaxe
Esta semana traballamos as cousas boas e as cousas malas!, as cousas que queremos nas nosas vidas e as cousas que queremos fóra dela.

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Imaxe
Hoxe celebramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.  Baixamos ao patio a pintar un Pomba xon xicces, quedou xenial! O Señor que traía as pombas non puido vir, polo que non tivemos a tradicional "Solta das pombas da Paz" (realizaremos esta actividade outro día!).  Pero a seguinte actividade que fixemos gustounos moito!, xogamos co paracaídas e con globos brancos. Para rematar coa canción "Madre Tierra".  Tedes que esperar uns días a que no blog do centro publiquen a entrada das actividades de hoxe!

QUEN DI NON A UN ABRAZO DE CORAZÓN?

Imaxe
O sábado 21 foi o "Día Internacional do Abrazo". Hoxe na aula 5 falamos dos abrazos como mostra de afecto entre as persoas. Non fai moito tempo, no 2020, ese "Malo, malísimo" chamado Covid deixounos sen abrazos por unha longa tempada. Pero pouco a pouco, pasiño a pasiño, recuperamos esa mostra de afecto que tanto nos gusta! Este é un dos mellores abrazos... entre compañeiros (pero falta unha!, seguro que mañá xa recibirá moitos abrazos cando veña). Unha actividade tan bonita no podía quedar dentro da aula. Saímos en busca de abrazos!

CAMIÑO AO RESPECTO

Imaxe
A semana pasada fixemos no cole unha andaina solidaria "Camiño ao respecto" para conmemorar o día de hoxe "25 N:Día Internacional contra a Violencia de Xénero". 

QUE MEDO!

Imaxe
Na aula 5 están a pasar cousas moi raras... e recibimos visitas non desexadas!!!