Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

PETRÓGLIFO

Imaxe
Cando fixemos o noso mural de Galicia na Semana das Letras Galegas, pegamos unha foto dun petróglifo como parte da nosa cultura e historia. Na aula 5 empezamos hoxe a traballar os petróglifos! Sentimos a súa forma. Experimentamos con diferentes materiais para debuxalo. E finalmente debuxámolo nun folio seguindo os puntiños el relevo. 

MURAL "O QUE SOBRA"

Imaxe
Aquí estamos pintando no noso mural "O que sobra" do 3º trimestre.

XOGANDO COS APELIDOS

Imaxe
No xornal de onte había unha noticia relacionada cos apelidos. Así que hoxe fixemos varias actividades de relacionados con eles.

PRENSA ESCOLA. 25 DE MAIO

Imaxe
Como cada mércores traballamos co xornal na aula. Ampliamos os nosos murais e estamos a traballar os "Superheroes do planeta" (Super5 xa case derrotou ao Covid-19, así que agora loita por salvar ao noso planeta).

LAVAMOS A MANS!

Imaxe
Hoxe a enfermeira do cole, Irene, veu á aula a recordarnos como se fai un bo lavado de mans!. Moitas grazas Irene e moita sorte!. Botarémoste de menos!

LETRAS GALEGAS 2022

Imaxe
O venres rematamos o noso traballo sobre Galicia. En el quixemos representar algúns dos aspectos que fan única a nosa terra: a comida, as festas, as paisaxes, os monumentos... e non esquecemos o Galego, a lingua que nos fai únicos. Ao tempo que o faciamos, ademais das características da nosa cultura, tamén traballamos aspectos como a atención, a percepción, a memoria, grafomotricidade...

PURA ARTE

Imaxe
Desde fai uns días a aula 5 é pura arte. Estamos a escenificar dous conto, pero polo momento só podedes ver unhas fotiños!

CALQUERA SITIO E BO PARA TRABALLAR!

Imaxe
Hoxe traballamos a grafomotricidade dunha forma diferente, como nunca antes o fixeramos. Calquera sitio e bo para seguir aprendendo!

PRENSA ESCOLA. MÉRCORES 18 DE MAIO

Imaxe
E un mércores máis os xornais chegan a nosa aula! Aumentamos os nosos murais (outras fotos gardámolas para o traballo das Letras Galegas) e empezamos a traballar cos superheroes... (deunos a idea unha foto do xornal!).

COMEZAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Imaxe
Comezamos a semana das Letras Galegas!. Entregámoslle os nosos debuxos de Laxeiro a Marta e fomos á Galería para ver a exposición de Laxeiro e alí estaba a nosa catedral. Seguimos camiñando pola galería e vimos os letreiros que fixemos para conmemorar a Florencio Delgado Gurriarán. Na aula empezamos un traballo que sobre a nosa Terra Galega!. 

PRIMAVERA. AS PLANTAS

Imaxe
Fai uns días recollemos no patio varias plantas e flores, que saen coa chegada da Primavera. Metémolas nuns xornais e a esperar que secaran. Hoxe pegámolas no noso libro da Primavera.

TERAPIA CANINA

Imaxe
Hoxe tivemos terapia canina!. Desde primeira hora xa tiñamos ganas de baixar a ver aos nosos amiguiños peludos.

LAXEIRO. EDLG

Imaxe
Como xa vos comentamos noutra entrada, este ano o " Día das artes galegas 2022 " conmemora a LAXEIRO. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) propúxonos a tódalas aulas do cole pintar unha obra de Laxeiro. Aquí está o noso traballo!

COMPOSTELA BARCIANA: CAMIÑO INGLÉS

Imaxe
Hoxe Jorge entregounos a "Compostela Barciana: Camiño Inglés".  A polo Camiño Primitivo!

BATIDO DE AMORODOS E PLÁTANO

Imaxe
Na entrada do cole temos un mural sobre as froitas e o sas que son. Hoxe baixamos ao apartamento do cole a facer un riquísimo batido de amorodos e plátano.  O primeiro que fixemos foi lavar as mans. Despois pelamos e cortamos os plátanos. A continuación lavamos os amorodos. Antes de ir ao apartamento para ver se había máis amorodos. As que metemos onte na neveira estaban conxeladas!. Aproveitamos para falar das características desta froita e tamén da temperatura e dureza. E todo para o batedor. Poñémolo en funcionamento e... Un brinde! Unha imaxe vale máis que mil palabras, mirade como quedaron as copas! Boísimo!

140 ANOS DE "La Voz de Galicia"

Imaxe
  O xornal "La Voz de Galicia" cumpre este ano 140 anos!. Queremos felicitarlles con este debuxo e darlle as grazas por organizar o programa "Prensa-Escuela".

PRENSA ESCOLA MÉRCORES 11 DE MAIO

Imaxe
Hoxe tivemos "Prensa-Escola". Falamos das noticias que consideramos máis importantes e ampliamos os nosos murais. 

PRECAUCIÓN NAS PRAIAS, RÍOS... II

Imaxe
Xa rematamos o mural co que traballaremos a precaución nas praias, ríos, lagos... Durante uns días aprenderemos a evitar accidentes.

COIDAMOS O INVERNADOIRO

Imaxe
Hoxe estivemos no invernadoiro limpado as malas herbas das fresas e regando!

PRECAUCIÓN NAS PRAIAS, RÍOS, LAGOS... I

Imaxe
A semana pasada en Prensa Escola estivemos a falar do que temos que facer cando estamos nunha praia, nun río, nun lago... Esta semana empezamos a traballar a precaución nas praias. 

ACELGAS

Imaxe
Traballamos a atención e as letras coas acelgas! (e coñecémolas un pouquiño máis).

CARTEIS IDENTIFICATIVOS

Imaxe
Colocamos os carteis das acelgas e das fresas! (esquecemos na aula o das leitugas...)

XORNAL 4 DE MAIO

Imaxe
Tódolos mércores traballamos co xornal "La Voz de Galicia". Comentamos as noticias que nos chaman a atención, pegamos nos nosos murais e algunha actividade temos preparada para estes días!

REGAMOS!

Imaxe
Esta semana estamos a regar no invernadoiro as nosas leitugas, acelgas e amorodos!

NÚMEROS, FROITAS E DADOS

Imaxe
Hoxe xogamos cos números, as froitas e os dados. Primeiro estivemos na aula e despois baixamos ao patio onde tamén traballamos coas xices. 

AS FROITAS

Imaxe
Na aula 5 gústanos moito traballar coas froita. Mirade que mural fixemos coa mestra Nerea!