Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

VÉMONOS EN SETEMBRO!

Imaxe
O mércores 22 a aula 5 do CEE A Barcia colgou o letreiro "Pechado por Vacacións". Foi un curso moi intenso onde o alumnado da aula traballou moitísimo!!! Como non tiñamos a ninguén na aula para sacar unha foto... pois sacámonos dúas a través do espello da aula. Somos máis que unha aula, somos "unha piña".  Feliz Verán aula 5

PRENSA ESCOLA!. RESUMO DAS ACTIVIDADES

Imaxe
Tódolos mércores foron especiais xa que chegaban os xornais. Este curso estivemos a realizar paneis informativos con aquelas noticias que nos chamaban a atención ou que eran do noso interese. AS VERDURAS E A COMIDA:  Este curso houbo dous programas nos que estivemos a traballar: "Aliméntate ben" e "Edusaúde", onde a alimentación e o fomento do estilo de vida saudable é o eixe vertebrador dos mesmos (ademais de "Aliméntate ben"). Os mércores buscabamos aquelas noticias relacionadas coa alimentación e mirabamos "Hoxe no mercado" onde aprendemos moito sobre as verduras e as froitas.  SOLIDARIEDADE:  Axudar aos demais, a convivencia e fomento da igualdade e a non violencia buscando un ambiente de convivencia positiva son valores que traballamos na aula.  O TEMPO:  Tódolos días, entre as nosas rutinas da aula, está a de indicar o tempo que fai. Durante este curso o tempo estivo un pouquiño toliño!. OS ANIMAIS:  Na aula 5 encántanos os animais e aprend

PETRÓGLIFOS

Imaxe
Xa rematamos o noso traballo cos Petróglifos!.  E así quedou o noso mural. Pero non rematamos aquí... os petróglifos son gravados que se atopan nas pedras, así que tiñamos que facer os nosos. E para o forno! Deixamos que arrefíen... E a pintalos de gris. E aínda que na foto parezan doutra cor, aseguramos que quedaron de cor gris!!! E para a casiña que foron.

LIMPANDO O INVERNADOIRO

Imaxe
Hoxe foi un día de moito traballo na aula 5. Nas primeiras horas estivemos limpando o invernadoiro... xa sabemos que en setembro tamén o temos que facer!!! E así quedou!

A PRIMAVERA

Imaxe
Apuntiño está de acabar a Primavera!, este é o mural que fixemos ao mesmo tempo que traballabamos as características desta estación do ano.

RECOLLENDO AS ÚLTIMAS LEITUGAS

Imaxe
Estivemos a recoller as últimas leitugas, hai que deixar o invernadoiro vacío!

MACETAS LISTAS PARA A CASIÑA!

Imaxe
Hoxe levamos as nosas macetas para casa. Xa temos traballo, que as plantas hai que coidalas! Esperamos que vos gusten!

SOMOS NOTICIA!!!

Imaxe
Onte realizamos a última etapa do Camiño de Santiago desde O Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro. E sabedes que?, somos noticia!, saímos na tele e na prensa. Saímos na televisión de Galicia: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-790-5710520?t=3724 (Se o vídeo non abre directamente, buscar "Camiñando dun xeito moi particular") E tamén no xornal "La  Voz de Galicia":  https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2022/06/16/alumnos-barcia-culminan-singular-camino-centro/0003_202206S16C2995.htm E no blog do cole xa podedes ver a entrada dese día! http://ceeabarcia.blogspot.com/2022/06/marea-amarela-monte-do-gozo-praza-do.html

AS NOSAS MACETAS

Imaxe
As nosas macetas xa están case listas para ir a casa... que levarán dentro? Así as fixemos!

"DESIGUAL. O MUNDO QUE DEIXOU DE EXISTIR"

Imaxe
Hoxe tivemos unha sorpresa na aula. O conto que debuxamos xa está a venta "Desigual. O mundo que deixou de existir". É un conto solidario que vende a ANPA do noso cole, así que animádevos e a mercalo!. Estamos moi orgullosos do traballo que realizamos. Queredes vernos en acción! (aquí vos deixamos algunhas fotos das últimas páxinas)

VOLVE SUPER 5

Imaxe
Desde fai uns días o mellor super heroe do mundo volveu a Barcia. Coñecido por loitar contra a Covid, Super5 atopou unha nova misión, axudar ao noso planeta. Para os que non sabedes quen é, dicirvos que Super5 é cada un/unha dos/das alumnos/as da aula 5, que coas súas accións axudan aos demais. A contaminación das nosas praias e montes é un perigo continuo tanto para os animais como para as plantas.  Limpamos o lixo das nosas praias Limpamos o petróleo das nosas praias. Construímos a nosa paisaxe de aprendizaxe. E xuntos limpamos o planeta.

SALTA, SALTA COMIGO...

Imaxe
Os días que fai mal tempo e non podemos saír ao patio no recreo... pasámolo xenial saltando no "tendejón"

LIMPANDO O INVERNADOIRO!

Imaxe
Hoxe tocou limpar o invernadoiro!

LEITUGAS

Imaxe
Pouco a pouco aprendemos algo máis sobre as plantas do noso invernadoiro. Hoxe tocoulle á leituga!.

XOGANDO COAS FROITAS

Imaxe
 Hoxe traballamos a atención xogando coas froitas.

PRENSA ESCOLA. MÉRCORES 1 DE XUÑO

Imaxe
Os mércores desde primeira hora xa estamos a preguntar polos xornais!