Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

TRABALLAMOS NO INVERNADOIRO

Imaxe
Hoxe traballamos no invernadoiro!. Sacamos as malas herbas e despois recollemos leitugas para o comedor.

REGAMOS!

Imaxe
Tódalas semanas regamos no invernadoiro!. Temos que ser responsables e coidar as nosas leitugas, fresas, repolos, coliflor e acelgas.

LIMPAMOS DE MALAS HERBAS

Imaxe
No so é responsabilidade nosa regar as nosas plantas, tamén temos que limpar o invernadoiro e as macetas de fóra de malas herbas. Xa somos uns especialistas!

CHEFS!. OTELE DE MANDARINA

Imaxe
Aquí tedes aos Chefs da aula 5!, preparados para facer un Otele de mandarina. Xuntamos tódolos ingredientes: E comezamos! 1- Facemos zume de mandarina. 2- Botamos nunha pota o zume e azucre. Quentamos ata que estea un pouco espeso.  4- Mesturamos auga fría, maicena e un pouquiño de bicarbonato. Poñémolo a quentar ata que empece a espesar.  5- Mesturamos todo e a removemos. Cando empece a ferver esperamos 5 minutiños. 6- Agora ten que arrefriar. E mentres toca fregar e limpar. E por último a comer!

PRENSA ESCOLA MÉRCORES 26 DE XANEIRO

Imaxe
Un mércores máis chegan os xornais á aula 5.

A PAZ

Imaxe
O 30 de xaneiro é o Día Escolar da non Violencia e da Paz. O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propúxonos realizar debuxos relacionados coa Paz para expoñelos na entrada do cole (pola situación Covid, non podemos celebralo cos nosos compañeiros e compañeiras). Puxémonos a traballar! E aquí tedes as nosas creacións!

AS MANDARINAS

Imaxe
Chegaron ao centro as froitas do programa "Aliméntate ben", entre elas a mandarina.  Na clase estivemos a traballar esta rica froita.  A súa forma e cor: Mondámolas e cheirámolas coa máscara posta (xa que cheiran moitísimo) Contamos os anaquiños.  E comémolas!, que ricas que estaban. Por último, baixamos ao patio a buscar unha árbore de mandarinas.

LIBRO DO INVERNO

Imaxe
Como se nota que estamos no inverno, que frío facía estes días.  Para traballar esta estación do ano, creamos o noso "Libro do Inverno" onde pouco a pouco lembraremos e aprenderemos moitas cousiñas. Agora xa sabedes a razón de que as nosas mans estiveran todas negras!

PLANTA DA PATACA

Imaxe
Xa rematamos o material para traballar os números este trimestre. Como estamos a traballar a "Pataca" creamos a nosa planta de pataca.

XORNAL 19 DE XANEIRO. PRENSA ESCOLA

Imaxe
Un mércores máis traballamos co xornal. Primeiro fixemos unha lectura global do xornal, comentando aquelas noticias que nos pareceron máis interesantes.  E despois ampliamos o contido dos nosos paneis.

SELFIE

Imaxe
Hoxe estivemos a sacar fotos coa Tablet da aula. E que mellor recordo que cun Selfie!

CARTEL LETRAS GALEGAS

Imaxe
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole animounos un ano máis a participar no concurso de carteis do autor homenaxeado o Día das Letras Galegas, que este ano é Florencio Delgado Gurriarán. Hoxe rematamos o mural da aula 5. Non volo podemos ensinar, pero ímosvos contar como o fixemos.  1- Pintamos o fondo do mural. 2- Fixemos o debuxo do cartel. 3- Pegamos unhas letras. So dicirvos que o noso cartel está relacionado coa súa obra "O soño do guieiro"

XOGOS NO RECREO

Imaxe
Encántanos o recreo, sobre todo cando fai sol e podemos saír ao patio. O que máis nos gusta son as randeeiras, pero tamén realizar outras actividades como por exemplo pintar con xiz ou xogar a mariola.

PERO QUE ANDAREMOS A FACER

Imaxe
Esta é a pregunta que se farán as familias da aula 5. Así estaban as nosas mans esta semana... Continuará....

CHEGOU O LEITE!. ALIMÉNTATE BEN

Imaxe
Este luns chegou o leite!. Que ben senta tomalo no recreo. E na aula volvemos a traballar a vaca!

DO INVERNADOIRO AO PRATO.

Imaxe
Xa temos aquí os nosos guantes de traballo! Fomos ao invernadoiro a coller unha leituga. Levámola ao apartamento é: Separamos as follas. Lavamos as follas (primeiro as nosas mans): Coñecemos un novo aparello. Centrifugamos as follas de leituga. Cortamos a leituga en anaquiños. Como non tiñamos sal, aceite e vinagre... fomos a cociña. E o mellor de todo, A COMELA!