Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2024

MURAL "O QUE SOBRA"

Imaxe
Coa pintura que nos sobra estamos a facer un mural, onde pintamos libremente.

PETRÓGLIFOS II. POLOS CREATIVOS

Imaxe
Continuamos tocando, vendo e sentindo os petróglifos. Xa rematamos o 1º reto, a volta das vacacións iniciaremos o 2º. Ademais estivemos a imaxinar que era o que querían expresar cos mesmos: unha chave, unha diana... ata un avión.

A HORTA DE 5

Imaxe
En febreiro intentamos xerminar unhas pebidas de mandarinas e peras, que pillamos da froita do comedor. Non tiñamos moitas esperanzas de que xerminaran, pero co tempo conseguímolo. Así que chegou o momento de transplantalas. Aproveitamos para transplantar o pementos.  E así deixamos a "Horta de 5" o venres!

AS NOSAS MANS. PDI "ASÍ SON EU"

Imaxe
Como xa vos contamos a muller que traballamos na clase foi Marie Curie, e grazas a ela temos a radiografía. Dentro do Proxecto Documental Integrado (PDI) "Así son eu" fixemos a radiografía da nosa man esquerda.

22 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA AULA

Imaxe
Hoxe comezamos a traballar a auga, e non escollemos mellor día que o Día Mundial da Auga!. Fixemos unha nube, pintamos gotas de chuvia, buscamos información sobre como podemos aforrar auga e escribimos consellos nas gotas para coidar a auga.

E HOXE... TERAPIA CANINA

Imaxe
Hoxe tivemos terapia canina, que ben o pasamos!!!

21 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Imaxe
Hoxe é o Día Internacional dos Bosques!. Buscamos información sobre árbores autóctonas de Galicia e debuxámolas para o mural conxunto de centro. Ademais comezamos a traballar a importancia que teñen os bosques para a vida e como podemos coidalos. No 3º trimestre aprenderemos moitas cousas sobre os nosos bosques!

20 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA FELICIDADE

Imaxe
Mirade o noso selfie para o mural do centro!

PRENSA ESCOLA. MÉRCORES 20 DE MARZO

Imaxe
Como todos os mércores, o xornal chega a aula 5! A pesar que é o Día da Felicidade, hai noticias que nos poñen moi tristes.

MARIE CURIE

Imaxe
O Equipo de Biblioteca propúxonos ás aulas que elixiramos a unha muller que destacara pola súas achegas á humanidade. Como sabedes no cole estamos a realizar un Proxecto Documental integrado (PDI) "Así son eu", así que na aula 5 traballamos a Marie Curie, que grazas a ela temos as radiografías (entre moitas outras achegas). 

PRENSA ESCOLA 13 DE MARZO

Imaxe
Como nos gusta traballar cos xornais! Pouquiño a pouquiño os nosos paneis aumentan!

A NOSA CARA

Imaxe
Xa rematamos o debuxo da nosa cara!

LUZ CASAL II

Imaxe
Retomamos a creación dos códigos QR para rematar a nosa pequena investigación sobre Luz Casal.

O PEIXE: Do mar ao prato

Imaxe
Desde fai un tempo estamos a traballar o camiño que fai o peixe desde o mar ata o noso prato. Traballamos con "Alimentes" do Gadis. Elaboramos un pequeno mural explicativo. A pesca con rede xa a coñeciamos cando traballamos con "O cerco, un xeito de vida". Construímos unha batea. E estivemos a mariscar, buscando e contando ameixas e berberechos.

TERAPIA CANINA.

Imaxe
Hoxe tivemos terapia canina, que ben o pasamos!

A NOSA MULLER É....

Imaxe
O Equipo de Biblioteca propúxonos ás aulas realizar un pequeno mural sobre unha muller que destacara no seu tempo, que contribuíra ao progreso da sociedade, que facilitara o camiño ás futuras xeracións... Non vos podemos dicir a quen escollemos na aula 5, pero deixámosvos unha pista!

SEMANA DA PRENSA

Imaxe
Esta foi a "Semana da Prensa". Como xa sabedes na aula 5 a prensa chega tódolos mércores co programa "Prensa-Escola". Esta semana estivemos a revisar os nosos paneis e ampliándoos. 

23 F: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
O EDLG propúxonos varias actividades para conmemorar a Rosalía de Castro, entre elas unha relacionada co noso PDI "Así son eu". Tiñamos que pintar a cara de Rosalía. Somos uns/unhas artistas!!! E aquí tedes as nosas "Rosalías" Outras das actividades era un quebracabezas con preguntas sobre Rosalía.

ASÍ É A MIÑA CARA!

Imaxe
Esta semana estivemos a traballar a nosa cara. Para iso usamos fotos da nosa cara e debuxamos por ela, ademais de falar de cada unha das partes e para que sirve. Para ver o resultado hai que esperar, xa que falta un compañeiro por facer a súa!