Hoxe traballamos coa aula 7 a “Papaya” unha froita que aparece no libro “A araña máis eu” que estamos a traballar dentro do PDI “Así son eu”. Cando rematamos decidimos intentar xerminar as sementes de “papaya”. Canda un de nós tiñamos asignada unha función dentro do proceso de xerminación.
Co bo tempo a marea amarela volve colocarse os chalecos amarelos!. Volvemos a facer a milla diaria pola contorna do centro. Esta primeira saída tivo varias finalidades: Facer a Milla Diaria. Coñecer a contorna natural onde está o centro. Poñer en práctica os contidos de educación viaria traballados na aula. Recoller flores, xestas, fiúnchos... para a construción do Maio. https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/05/recollendo-flores-xestas-fiunchos.html
Nos paneis dixitais interactivos estivemos a practicar como ser persoas responsables coa Natureza! Estas son as actividades que realizamos! https://ecokids.net/es/recuperemos-el-bosque/ https://wordwall.net/es/resource/3344086/que-hay-en-el-bosque-y-en-la-ciudad https://www.liveworksheets.com/es/w/gl/conecemento-do-medio/7682484 https://play.google.com/store/apps/details?id=com.YovoGames.Defender
A auga é imprescindible para as persoas e para todo ser vivo. Buscamos en internet información sobre a auga e comezamos a realizar unha presentación no encerado dixital interactivo.
Curioso título para un conto que nos axudou a coñecer un pouquiño máis o noso corpo. Dentro do PDI "Así son eu" estivemos realizando diferentes actividades co conto "A Araña máis eu": pegamos a araña polas diferentes partes do noso corpo, debuxámola nun manequín, creamos as nosas arañas e xogamos coa luz negra.
En febreiro intentamos xerminar unhas pebidas de mandarinas e peras, que pillamos da froita do comedor. Non tiñamos moitas esperanzas de que xerminaran, pero co tempo conseguímolo. Así que chegou o momento de transplantalas. Aproveitamos para transplantar o pementos. E así deixamos a "Horta de 5" o venres!
Hoxe comezamos a traballar a auga, e non escollemos mellor día que o Día Mundial da Auga!. Fixemos unha nube, pintamos gotas de chuvia, buscamos información sobre como podemos aforrar auga e escribimos consellos nas gotas para coidar a auga.
Hoxe é o Día Internacional dos Bosques!. Buscamos información sobre árbores autóctonas de Galicia e debuxámolas para o mural conxunto de centro. Ademais comezamos a traballar a importancia que teñen os bosques para a vida e como podemos coidalos. No 3º trimestre aprenderemos moitas cousas sobre os nosos bosques!
Desde fai un tempo estamos a traballar o camiño que fai o peixe desde o mar ata o noso prato. Traballamos con "Alimentes" do Gadis. Elaboramos un pequeno mural explicativo. A pesca con rede xa a coñeciamos cando traballamos con "O cerco, un xeito de vida". Construímos unha batea. E estivemos a mariscar, buscando e contando ameixas e berberechos.
Esta semana estivemos a traballar a nosa cara. Para iso usamos fotos da nosa cara e debuxamos por ela, ademais de falar de cada unha das partes e para que sirve. Para ver o resultado hai que esperar, xa que falta un compañeiro por facer a súa!
No comedor do noso cole comemos moita froita. peras, plátanos, mazás... A nosa mestra subiu unhas pebidas de mazás para ver se eramos capaces de xerminalas... xa somos uns expertos!!! E a deixalas tapadas e ás escuras por uns días... Xerminou unha!. Pasámola a unha maceta. E hoxe abrimos o tapper e había outra!!!
Xa rematamos o traballo da nosa costa! e comezamos un novo... Ademais da milla diaria que realizamos tódolos días no cole, a través das novas tecnoloxías vimos as praias polas que camiñamos. Localizámolas nun mapa! E no corredor debuxamos o noso camiño! Continuamos con Porto do Son e as Illas Galegas!