Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

E DESPOIS DA MILLA... O RICO LEITE

Imaxe
 Cada día despois da milla diaria tomamos un brick de leite para coller forzas, Que rico!

A PRIMAVERA ESTÁ A CHEGAR

Imaxe
Algúns días desta semana saíu o sol e puidemos facer a milla diaria polo patio. Ademais de camiñar, tamén puidemos comprobar como a Primavera está a chegar, xa apareceron as primeiras flores e nas plantas están a saír as primeiras follas.

OS OVOS

Imaxe
Dentro do PDI da Aldea (coordinado pola Biblioteca) estamos a coñecer os diferentes animais dunha granxa. O primeio animal: "A GALIÑA", e que ricos están os ovos que nos dan. Pero para coñecer mellor ós ovos trouxemos a clase un... e con moito coidadiño falamos da súa cor, forma, se é duro... Tamén quixemos saber como era por dentro. Baixamos ao apartamento e cocemos un ovo (e mentras se cocía fixemos a milla diaria): E cando arrefriou miramos a forma, a cor, que cambiou ao cocelo...

MILLA DIARIA

Imaxe
 Que ben senta o exercicio diario, e que san é!. E se ademais fai soliño.... moito mellor!

A COUSA VAI MELLOR

Imaxe
Como puidemos ver no xornal do mércores, "a cousa vai mellor" e temos que cambiar a Galicia vermella que tiñamos na porta, por unha Galicia dunha cor máis alegre e chea de esperanza. E tamén o noso mini-mural que simbolice a melloría que estamos a vivir.

PRENSA ESCOLA 24 DE FEBREIRO

Imaxe
 Hoxe mércores tocou "PRENSA ESCOLA". 

ESO QUE TI ME DÁS... ESO QUE EU CHE DOU

Imaxe
Hoxe é o "DÍA DE SAN VALENTÍN", o día do AMOR. Esta semana estivemos a traballar esta emoción que tanto nos gusta e que nos fai sentir moi ben e únicos para moita xente que nos quere. Pero non so recibimos amor, tamén damos moito amor. Representamos o que é o amor para nós nun mural. Escoitamos unha canción preciosa que se chama "Eso que tú me das" de Jarabe de Palo. Despois falamos sobre o que nos dan as persoas que queremos e o que lle damos nós. Debuxamos un corazón para a xente que nos quere. Na clase de Relixión tamén traballamos o AMOR.

ENTROIDO 2021

Imaxe
Pero que guapos viñeron... A pesar da situación que estamos a vivir, temos que seguir disfrutando das cousas boas que temos... e o Entroido é unha delas.

LEITE ESCOLAR 2

Imaxe
A 3ª hora é a hora do Leite. Como nos gusta!

XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021 (2)

Imaxe
Ao longo desta semana seguimos a traballar no noso cartel sobre Xela Arias. Rematamos de pintar o cartel. Buscamos en Internet nomes galegos de persoas:  http://apego.gal/que-o-seu-nome-sexa-propio/  e eliximos un nome de neno e de nena que empezara por cada unha das letras do abecedario. Recortamos as letras do abecedario e a pegar os nomes no cartel (cada un/unha elixiu un nome). Mentres un/unha compañeiro/a pegaba as letras para compoñer un nome, o resto escribiamos o nome en diferentes sitios da aula. Continuaremos co traballo a próxima semana. 

O INVERNO 2

Imaxe
Seguimos xogando co Inverno cunha actividade LIM. Ademais visitamos a páxina de meteogalicia para saber que tempo vai facer.

PRENSA ESCOLA

Imaxe
Tódolos mércores traballamos cos xornais na aula. Aínda que fisicamente só os temos ese día, é unha actividade que traballamos ao longo da semana. 

TRABALLAMOS OS NÚMEROS CO KAMISHIBAI

Imaxe
Esta semana estivemos traballando a serie numérico co Kamishibai que elaboramos tódalas aulas do cole polo día da Ilustración (actividade organizada pola Biblioteca do cole).

XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021 (1)

Imaxe
Este ano a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas é Xela Arias .  O noso centro participa nun concurso onde temos que elaborar 10 carteis sobre a vida e obra de Xela. Na aula 5 xa nos puxemos mans á obra!

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Imaxe
O 30 xaneiro tamén foi o " Día da Ilustración " (coincidindo co día en que naceu Castelao).  Desde o Equipo de Biblioteca propuxéronnos facer un kamishibai conxunto entre tódalas aulas que tivera como eixe vertebrador os animais da aldea. Na aula 5 fixemos o seguinte debuxo! E esta semana tivemos na aula o Kamishibai. Se queredes ver o produto final facede clic no enlace ao blog do noso cole! http://ceeabarcia.blogspot.com/2021/01/dia-da-ilustracion-kamishibai.html

XOGAMOS COS NÚMEROS COS OVOS

Imaxe
 Contamos e resolvemos problemas usando os ovos das galiñas!

A COUSA SEGUE MOI MAL... MOI NEGRA

Imaxe
Un mércores máis traballamos cos xornais na aula 5. Moitas follas do xornal falan do Coronavirus e a cousa segue MOI MAL!. Pero a mal tempo boa cara, e con sentidiño seguro que pronto volveremos a nosa vida pasada... antes de marzo do 2020.