Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta OUTONO

TRANSPLANTAMOS!

Imaxe
Hoxe transplantamos as fabas e os garavanzos que xerminamos. Observamos as súas raíces e o que será o talo. Tamén falamos dos froitos do Outono.

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Imaxe
Hoxe celebramos o Magosto no cole con diversos obradoiros, música e degustación de castañas! Se queredes ver como o celebramos con todo o cole... fai CLIC

XERMINAMOS BELLOTAS E CASTAÑAS!

Imaxe
O intento de xerminar feixoas non saíu ben!, pero seguimos intentando xerminar outros froitos do Outono. No patio do cole temos castiñeiros e carballos, así que intentamos xerminar e plantar landras e castañas (e tamén unha feixoa!). 

FROITAS DO OUTONO III

Imaxe
Seguimos a aprender con e do Outono!

FROITAS DO OUTONO II

Imaxe
Seguimos coñecendo un pouquiño máis as froitas do Outono. Nesta ocasión experimentamos co kiwi.

FOLLAS DE OUTONO

Imaxe
Parou de chover, pero cantas follas hai no patio... a recollelas!!!

FROITAS DO OUTONO I

Imaxe
Seguimos a coñecer máis cousas sobre o Outono. Coa axuda de internet fixemos un listado de froitas do Outono.

MAGOSTO 2022

Imaxe
Hoxe celebramos o Magosto!. Mira que nos gustan as festas do Outono. Comemos castañas no patio cuberto (e iso que o xornal de onte dicía que non ía chover...) e despois fixemos obradoiros e xogos. No ximnasio pescamos e buscamos castañas en equipo. No salón de actos lanzamos castañas e experimentamos con diferentes caixas sensoriais. E na sala de xogos pintamos follas e creamos un collage-mural.

TRABALLAMOS O OUTONO 2

Imaxe
Como nos gusta escoitar cancións relacionadas co Outono e co Samaín!. Este curso empezamos a usar os códigos QR para acceder aos vídeos das cancións.

TRABALLAMOS O OUTONO 1

Imaxe
Empezamos a traballar o Outono!!! Pouco a pouco crearemos o noso panel do Outono, a través do cal, ampliaremos os nosos coñecementos desta estación! Comezamos a traballar a letra "O". Fomos ao patio a buscar follas e castiñeiros! Levamos as follas a aula e empezamos un cadro de follas! E traballamos as cores do Outono.

CHEGOU O OUTONO

Imaxe
Hoxe 23 de setembro empeza o Outono.... O Magosto, o Samaín... como nos gusta esta estación do ano! Con Rita e Nerea fixemos un mural utilizando cores e follas do Outono (que xa empezan a caer das árbores).

OUTONO. FIN DA ACTIVIDADE

Imaxe
Hoxe remata o Outono e comeza o Inverno. Quixemos compartir todo o que traballamos, así que puxemos o noso mural no corredor. 

OUTONO. SABOREAMOS E ESCOITAMOS O OUTONO

Imaxe
Na aula 5 seguimos a traballar o Outono, que está a puntiño de rematar. Esta semana traballamos os sons e as comidas do Outono.

OUTONO. ROUPA

Imaxe
Hoxe recordamos as principais características do Outono co noso panel e centrámonos na roupa do Outono.  Collemos tódolos pictos da roupa e démoslle a volta. A continuación de un en un tiñamos que coller un dos pictos e relacionalo cunha parte do corpo (por exemplo: o gorro coa cabeza, as chaquetas co tronco...)

CONTAMOS COAS CASTAÑAS

Imaxe
Coas castañas que apañamos o venres no patio, fixemos un xogo de contar de 1 ata o 10. O xogo consistía en: tiñamos que contar cantas castañas había nunha caixa. Colocabamos as castañas debaixo de cada número seguindo a recta numérica. Cando rematamos tiñamos que indicar cantas castañas tiñamos e atopar o número noutro panel. Para finalizar colliamos o número e colocabamos as castañas ao lado. 

OS CASTIÑEIROS. OUTONO

Imaxe
O venres da semana pasada, coa mestra Nerea recollemos follas dos castiñeiros que hai no patio do cole.  E pintamos na aula unha árbore.  Hoxe seguimos a traballar o Outono, concretamente o castiñeiro usando as follas e o debuxo.  Colocamos as follas do castiñeiro (na árbore e no chan) E falamos das características dos castiñeiros (o seu froito é a castaña, son seres vivos, comen e beben pola raíz e respiran polas follas).

ESCOITAMOS O OUTONO

Imaxe
 Que credes que é? As estacións do ano podémolas percibir polos sentidos. Hoxe escoitamos o Outono na aula.

RECOLLEMOS FOLLAS

Imaxe
O venres recollemos follas do patio do cole para realizar diferentes actividades na aula (que peniña que se vai acabar o bo tempo.... pero a chuvia tamén é moi necesaria)

A ROUPA DO OUTONO

Imaxe
Seguimos aprendendo moitas cousas desta estación. O xoves traballamos a roupa que poñemos en Outono. Como pouco a pouco imos poñendo a roupa de abrigo e gardamos a roupa do Verán e Primavera.

OUTONO: FOLLAS DO OUTONO

Imaxe
Hoxe traballamos o Outono, pegamos as nosas follas vermellas, amarelas, verdes e marróns!