Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta SOSTI-LAB

RECOLLEMOS AMORODOS!

Imaxe
Xa temos amorodos no invernadoiro!. Recollémolos e limpamos as malas herbas.

AXUDAMOS AO PLANETA!

Imaxe
Saímos a reciclar aos contedores que hai cerca do cole!. Desde que fixeron accesibles as beirarrúas xa podemos ir todos xuntos!. E como en cada saída que realizamos, poñemos en práctica o traballado na aula para ser peóns e peoas responsables.

CORES E AUGA

Imaxe
Estamos a traballar conxuntamente a auga e as cores a través de actividades sensoriais e experimentando coas mesturas.

A IMPORTANCIA DA AUGA

Imaxe
Cada semana coidamos das nosas plantas. Como seres vivos que son, necesitan a luz do sol e a auga para vivir.

ESTÁ A CHEGAR A PRIMAVERA!

Imaxe
Neste mes comeza a Primavera, pero xa a notamos nas plantas do patio. En este mes empieza la Primavera, pero ya la notamos en las plantas del patio.

COMEZAMOS A LIMPAR O INVERNADOIRO

Imaxe
Aproveitamos que hoxe non choveu para empezar a limpar o invernadoiro. Que faltiña tiña!... e o que nos queda!.

SAÍMOS A RECICLAR!

Imaxe
Saímos a reciclar papel e plástico coa aula 7!. Estamos moi contentos xa que eliminaron as barreiras arquitectónicas das beirarrúas. E por suposto, fomos peóns e peoas responsables! Enlace ao blog do centro:  https://ceeabarcia.blogspot.com/2026/02/saimos-reciclar.html

A PLANTA INESPERADA!

Imaxe
Naceunos unha planta coa que non contabamos... na terra das macetas que non xerminaron apareceu unha planta!!!.

COMO SEGUEN AS NOSAS PLANTAS?

Imaxe
Revisamos as nosas plantas... Os nosos garavanzos secáronse... pero transplantamos unha castaña e as xudías medran moito!. Comezamos a facer as tarxetas para cada maceta no ordenador.

COIDAMOS O MAR

Imaxe
A patrulla EcoBarcia axuda a mater limpo o mar!

AULA MULTISENSORIAL. 19 XANEIRO

Imaxe
Nunca a chuvia foi tan divertida!

REVISAMOS AS PLANTAS DESPOIS DO NADAL!

Imaxe
E como pasarías as nosas plantas o Nadal!. Sabemos que estiveron moi coidadas, xa que as regaban case todos os días. Chegou o  momento de ver como estaba a castaña que tiñamos xerminando na fiestra e tamén saber se a feixoa creceu algo!.

RECICLAMOS. PATRULLA ECOBARCIA

Imaxe
Esta semana a "Patrulla EcoBarcia" realizou dúas saídas aos contedores de papel e plástico que hai na contorna do centro. Seguimos pedindo que nos coloquen un contedor de papel e plástico diante do cole... pero polo momento a desprazarnos. Todo sigue igual, a pesar de solicitar o curso pasado a eliminación das barreiras arquitectónicas que atopamos nas nosas saídas... nada, aí estaban, no mesmo sitio!

COIDAMOS A NOSA HORTA DE AULA!

Imaxe
Cada día revisamos e coidamos a nosa horta de aula!

COIDAMOS A NOSA HORTA DE AULA

Imaxe
Cada mañá revisamos a nosa horta e regamos as nosas plantas.  

TRANSPLANTAMOS ÁS MACETAS

Imaxe
Sesión de xardinería na horta da aula 5!

XERMINAMOS E PLANTAMOS FABAS E GARAVANZOS

Imaxe
Hoxe xerminamos e plantamos fabas e garavanzos para a nosa horta de aula.  

XERMINAMOS BELLOTAS E CASTAÑAS!

Imaxe
O intento de xerminar feixoas non saíu ben!, pero seguimos intentando xerminar outros froitos do Outono. No patio do cole temos castiñeiros e carballos, así que intentamos xerminar e plantar landras e castañas (e tamén unha feixoa!). 

FEIXOA

Imaxe
Que será? Unha feixoa!. No patio do cole temos unha feixoa. Esta semana coñecemos esta árbore e o seu froito. E intentamos xerminar a súa semente. E coñecemos un pouquiño máis dela.

SAÍDA AO CONTEDOR DE PAPEL

Imaxe
Despois da Milla Diaria cargamos o carriño e fomos ao contedor de papel!.