Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2022

LA VOZ DE LA BARCIA. MES DE SETEMBRO

Imaxe
A partir do 19 de outubro chegará á aula 5 "La Voz de Galicia". Un ano máis participaremos no programa "Prensa Escuela".  Unha das novidades deste curso é que cada mes faremos "La Voz de la Barcia" onde poñeremos as noticias que acontecen na nosa contorna. Xa temos listo o do mes de setembro.

VAMOS DE PASEO,PI,PI,PI....

Imaxe
Os días que non chove gústanos dar unha voltiñas nos kars!. Unha forma moi divertida de facer exercicio.

TRABALLAMOS O OUTONO 1

Imaxe
Empezamos a traballar o Outono!!! Pouco a pouco crearemos o noso panel do Outono, a través do cal, ampliaremos os nosos coñecementos desta estación! Comezamos a traballar a letra "O". Fomos ao patio a buscar follas e castiñeiros! Levamos as follas a aula e empezamos un cadro de follas! E traballamos as cores do Outono.

TEATRO DE MONICREQUES "A RATIÑA PRESUMIDA"

Imaxe
Hoxe tivemos un teatro de monicreques con Rita e Nerea. Pero non só tiñamos que atender... tamén participamos con pulsadores con sons dos animais!

PIPO VISITA A AULA 5

Imaxe
Esta semana coas mestras Rita e Nerea buscamos a Pipo e algún amiguiño e invitámolo a visitar a nosa aula! Como xa entrou o Outono, fixemos uns caracois con plastilina e castañas.  E cando rematamos acompañamos a Pipo e os seus amigos ao patio e deixámolos nun lugar seguro.

CHEGOU O OUTONO

Imaxe
Hoxe 23 de setembro empeza o Outono.... O Magosto, o Samaín... como nos gusta esta estación do ano! Con Rita e Nerea fixemos un mural utilizando cores e follas do Outono (que xa empezan a caer das árbores).

LA VOZ DE LA BARCIA

Imaxe
O vindeiro mércores empezaremos a traballar co xornal na aula!.  Este curso elaboraremos o noso propio xornal "La Voz de la Barcia" con aquelas noticias que forman parte do noso día a día.  As noticias permítenos traballar moitísimas cousas dunha manera diferente e divertida. Por exemplo, na noticia "Chove" estivemos a traballar a chuvia, a importancia da auga e as cores. Coa noticia "Fora máscara" recordamos o vivido polo Covid e traballamos as partes da cabeza. E coa noticia "Un amigo novo" traballamos as partes do corpo.

BEE-BOT. UN ROBOT NA AULA

Imaxe
A aula 4 deixounos o seu Bee-bot, un robot abella que nos axudará a aprender os conceptos espaciais e tamén os números. Queremos un!!!

TRABALLAMOS OS NÚMEROS COS ANIMAIS

Imaxe
Traballamos os números cun material que elaboramos no cole fai uns cursos para conmemorar o "Día da Ilustración" ( http://ceeabarcia.blogspot.com/2021/01/dia-da-ilustracion-kamishibai.html )

A VACA E O LEITE

Imaxe
Este curso seguiremos a traballar coas vaquiñas e co leite, aprendendo moitas cousas máis! Ata imitamos aos gandeiros cando muxen as vacas!

CARACOL COL COL

Imaxe
Na aula empezamos a traballar "Animais do invernadoiro", onde coñeceremos aos animais que viven no noso invernadoiro!. E a semana pasada xa coñecemos a un, o Caracol! Neste trimestre coñeceremos moitas cousas sobre o noso novo animaliño!

XERMINAMOS PEMENTOS

Imaxe
Durante este curso realizaremos varios intentos de xerminar sementes... dicimos intentos xa que aínda non conseguimos transplantar ningunha...  Se o proceso coñecémolo moi ben!!!

A TRABALLAR!

Imaxe
Xa estamos de volta e con moitas ganas de traballar. Así que a limpar o invernadoiro! E o que máis nos chamou a atención foi...