Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta EMOCIONA-T

PRENSA ESCOLA 19 DE XUÑO

Imaxe
Hoxe foi o noso último mércores co xornal na aula... pero volveremos o curso que ven! Practicamos a merca do xornal, identificamos as emocións nas fotos do xornal, falamos dos xeados e dos usos dos móbiles, completamos os nosos paneis...

OBRADOIRO SENSORIAL

Imaxe
A aula 3 invitounos a participar nun Obradoiro Sensorial relacionado coa Natureza e coa Primavera. Pasámolo xenial! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/05/obradoiro-sensorial-natureza-primavera.html

RÚA DAS EMOCIÓNS Nº 7

Imaxe
Hoxe comezamos a ler o conto que nos regalaron as aulas 11 e 12 "Rúa das emocións Nº7". Lemos dúas follas, pero deunos para moito! Falamos das cidades e o que podemos atopar nelas. Traballamos co recursos "Todos somos diferentes" Todos somos diferentes from ticceeabarcia

20 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA FELICIDADE

Imaxe
Mirade o noso selfie para o mural do centro!

QUEN O ADIVIÑA?

Imaxe
Seguimos a traballar na nosa creación coa aula 7, só vos diremos unhas cantas palabras: Soños, Samaín e Galicia.

QUE ESTAREMOS A FACER?

Imaxe
Non vos podemos contar moito sobre o que estamos a facer, só dicirvos que coidado cos soños!!! (Actividade realizada xunto coa aula 7)

MONSTRO DE CORES II

Imaxe
O alumnado da aula 5 e 7 xuntámonos para traballar o conto "O Monstro de cores". Co arroz que pintaron na aula 11 e 12 fixemos dous monstros de cores, un en papel e outro cun guante.

MONSTRO DE CORES I

Imaxe
Seguimos a traballar co monstro de cores. Pouco a pouco coñecemos as nosas emocións!

O MONSTRO DE CORES COA AULA 11/12

Imaxe
A aula 11/12 preparou un contacontos moi especial de "O Monstro de Cores"... e quen se colou nela? Despois subíronos á aula a súa bandexa sensorial con arroz pintado de moitas cores e un monstro feito de espaguetes rosas!!! Moitas grazas rapaces e rapazas da aula 11/12 e a Rita e Súe, as súas mestras.  E xa sabedes, cando preparedes outro xa sabedes quen vai aparecer!!!