Hoxe no apartamento tocou tortilla francesa. Onte estivemos na cociña e preguntámoslle a cociñeira como tiñamos que facer, así que o primeiro que fixemos foi ver o vídeo da entrevista para saber o que tiñamos que facer. Tiñamos tódolos ingredientes e sabíamos o que tiñamos que facer! 1- Cascamos os ovos. 2- Batemos os ovos e botámoslle un pouquiño de sal. 3- Botamos aceite na tixola, acendemos vitrocerámica e cando o aceite estea quente botamos os ovos. 4- E o mellor de todo, a comela! E por último... a fregar. Hoxe pasámonos un pouquiño co aceite!. A semana que ven faremos outra para mellorar a nosa técnica.