Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023

E ANTES DAS VACACIÓNS... VISITA DOS AMIGOS PELUDIÑOS

Imaxe
Hoxe tivemos unha nova sesión de Terapia Canina!

EMPEZAMOS A GRAVAR!

Imaxe
Cámara, listos e acción!, bueno mellor dito e "clic" para sacar a foto. Comezamos a gravar "Non fai falta a voz"!

TRANSPLANTAMOS E PLANTAMOS!

Imaxe
A nosa "Horta de 5" vai crecendo pouco a pouco. Onte e hoxe estivemos transplantando as fabas e garavanzos (as que xerminamos) e plantamos as sementes de melón que xa xerminaron!

MILLA SEGURA POLA CONTORNA

Imaxe
Co bo tempo facemos a Milla Diaria pola contorna do centro. É unha actividade que nos gusta moito xa que facemos exercicio físico, coñecemos a contorna do centro, saúdamos aos veciños e aprendemos educación viaria como peóns e peoas responsables. 

BEN OU MAL?

Imaxe
Esta semana traballamos como temos que comportarnos coas demais persoas para que todos nos levemos xenial!

CAMIÑANDO POLA CONTORNA!!!

Imaxe
 Como nos gusta camiñar por fóra do centro, saúdar as persoas que atopamos, coñecer novos sitios... 

RECREOS CON MOVEMENTO!

Imaxe
Cando fai bo tempo sacamos os dous kars que temos no cole e a xogar con eles!!!

PEPIÑO E OS SEUS DENTES

Imaxe
"As historias de Pepiño", así é como traballamos na aula o lavado de dentes.  Historia 1: Pepiño era un neno que non se lavaba nunca os dentes polo que lle apareceron caries na boca (e pintamos as caries nos dentes). Temos que axudar a Pepiño a sacarlle tódalas caries! Historia 2: Pepiño comeu ensalada con leituga (verde), tomate (vermello) e cenoria (laranxa) polo que lle quedou comida entre os dentes (e pintámola). Hai que axudar a Pepiño a ter unha boca limpa!. Despois de comer, de 15:00 a 15:30, lavamos os dentes de verdade!!!

PRENSA ESCOLA. MÉRCORES 23 DE MARZO

Imaxe
Nova sesión de prensa escola!, nesta ocasión estivo o alumnado da aula 3 connosco. Fixemos unha lectura compartida das noticias que máis nos chamaron atención e pegamos nos nosos paneis. A partir dunha noticia que falaba dunha vidreira construímos a nosa! Tamén practicamos a conducir por unha rotonda!. Fixemos unha entrada no blog sobre estas dúas actividades: O RECUNCHO DOS SONOS Sabedes que nunha estrada apareceu unha bocha grande?. 

NÓS TAMÉN CREAMOS. REMATANDO OS PEQUENOS DETALLES

Imaxe
Xa temos todo listo para comezar coas gravacións!

MILLA DIARIA POLA CONTORNA

Imaxe
Cando ben o bo tempo saímos fóra do centro e facemos a Milla diaria pola contorna no centro. Ademais de facer exercicio físico, coñecemos a contorna do centro e traballamos a educación viaria. Listos para camiñar! Camiñando... E despois hai que hidratarse!

HOXE COMEMOS...

Imaxe
O Equipo de SAAC (Sistemas Aumentativos Alternativos de Comunicación) elaborou un recurso para traballar o menú diario no cole.

SEMENTES DE MELÓN

Imaxe
Algunhas das nosas plantas creceron e outras...non, polo que hoxe revisamos e cambiamos algunhas.  As que non medraron sacámolas da "Horta de 5" e puxemos no seu sitio melón.

CREATIVIDADE

Imaxe
A semana que ven comeza a Primavera, un bo motivo para traballar a nosa creatividade xogando coas cores.

BOCA SAUDABLE!

Imaxe
Esta semana comezamos a traballar o coidado da nosa boca, dentro do CPInnova Edusaúde. Fixemos un xogo de limpar os dentes. Traballamos as partes da boca. E debuxamos a nosa boca. Queredes saber para que serve a nosa boca? E aprendemos a coidar os nosos beizos!

RICO LEITE

Imaxe
 E antes de baixar ao "tendejón", xa que chove moito, que ven senta o leite!. Collendo forzas para o recreo.

TATUAXES!

Imaxe
No xornal do mércores viña unha noticia que falaba de tatuaxes. Saímos da aula en busca de persoal que tiveran tatuaxes, e atopámolos!, grandes e pequenos. Volvemos a aula e fixemos os nosos tatuaxes... e tamén tatuamos un pouquiño a mestra Nerea.

A HORTA DE 5

Imaxe
Esta semana as fabas e os garavanzos creceron moito. Tódalas mañás toca regar!.

PRENSA ESCUELA. MÉRCORES 15 FEBREIRO

Imaxe
E aquí estamos cos xornais! Ampliamos os nosos paneis e había unha noticia sobre tatuaxes que nos gustou moito... xa vos contaremos.

LA VOZ DE LA BARCIA. MES DE FEBREIRO

Imaxe
Hoxe os/as redactores/as de "la Voz de la Barcia" elaboraron unha nova edición. O proceso de elaboración foi divertido e aproveitamos para traballar a grafomotricidade e a atención, ao mesmo tempo que recordamos todo o que nos aconteceu no cole nese mes.