Levamos uns días facendo entre todos e todas unha camiseta moi especial. É para a amiga que este curso non está a vir ao cole! Cando rematamos envolvímola e escribimos unha carta. Pola tarde a nosa mestra entregoulle a camiseta!.
As tarefas que se realizan no fogar é responsabilidade de tódalas persoas que viven no mesmo. Así que non hai mellor aprendizaxe que a práctica do que se quere transmitir. Así que todos e todas a facer un rico batido de sandía! 1- Cortar a sandía 2- Botar a sandía a batidora. 3- Botar leite na batidora. 4- Poñer en funcionamento a batidora. 5- Preparar os vasos. 6- E o mellor de todo... Bebelo! Mirade que sorrisos máis bonitos!
O Club de Letras propúxonos unha actividade moi orixinal e que nunca fixemos. Obradoiro de pintado de camisetas!. Tardamos uns días en rematalas, pero que contentiños e contentiñas estamos! Queredes ver como as fixemos?. E as nosas mestras tamén participaron! Pero volvéronse un pouquiño toliñas.... querían pintarnos! E chegou o momento da foto en grupo!
Seguimos a traballar co conto "O monstruo rosa" (Club de Letras). Sabedes a quen coñecemos?, aos amigos do monstruo rosa: Bicho pelota, páxaro amarelo, ra de 3 ollos e monstruo azul.
O Club de Letras do noso cole animounos a crear frases pola igualdade entre os homes e as mulleres, coincidindo co 8M. Aquí vos deixamos a que fixemos na aula 5.
Este curso a nosa intención é volver a participar no "Concurso escolar da ONCE", aínda que non sabemos se seremos capaces, pero neso andamos... Neste curso para o concurso temos que gravar unha "Cuña publicitaria" sobre o bo uso da tecnoloxía. A 1ª actividade que fixemos foi coñecer o que sabíamos das tecnoloxía: E empezamos a ver cada un dos logos, comezando por Youtube.
Como xa sabedes o noso cole puxo en marcha a campaña de recollida de xoguetes "Xogas ti, xogo eu". A aula 5 (xunto coa 3) axudamos a colocar tódolos xoguetes na entrada. E así de bonita quedou a entrada cando rematamos: Hoxe pola mañá veu "Cáritas Santiago" a recollelos (a nosa mestra contounos que llos ían entregar a Papá Noel e aos Reis Magos para que llos entregaran a aqueles nenos e nenas que polo motivo que fora non tiñan moitas cousas).
Un ano máis a aula 5 participa no programa "Prensa Escuela" organizado polo xornal "La Voz de Galicia". Este curso, polas medidas adoptadas polo centro non nos podemos xuntar coa aula 3... que peniña!. A dinámica que estamos a seguir é a seguinte: Os mércores traemos os xornais á aula e buscamos aquelas noticias que son do noso interese ou que consideramos importantes. Cada un/unha creamos un dossier de noticias que ao longo das semanas traballaremos. As noticias nas que nos estamos a centrar son: Coronavirus e as vacinas. Educación Vial. Animais. Natureza. Deportes. Igualdade. Novas Tecnoloxías. Por exemplo, cando chegou a neve, cada neno tiña: E ao longo da semana traballamos a neve: Tamén elaboramos un material con velcro.
Participamos nun vídeo para animar a comunidade educativa do cole a participar na campaña de recollida de xoguetes "Xogas ti, xogo eu" (dentro do Club de Letras). Elaboramos un mural! Este ano ti podes ser... (os Reis Magos e Papá Noel). Doando un xoguete... Podemos cambiar a cara triste dun neno ou nena por un gran sorriso.
Para conmemorar o 25N o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) propúxonos realizar o seguinte mural. A igualdade é unha realidade no noso centro e aula, fomentando tódolos días que non exista ningunha diferenza por motivo de xénero. Moitas grazas Lucía por axudarnos nesta actividade!
Este curso académico o noso centro participa no "Club de Letras" que nesta convocatoria céntrase na igualdade. O 3º nivel tiñamos unha participación activa no mesmo e esperamos que esto continúe na casa. Este curso académico nuestro centro participa en el "Club de Letras" que en esta convocatoria se centra en la igualdad. El 3º nivel teníamos una participación activa en el mismo y esperamos que esto continúe en casa. Hai 2 actividades para facer: Hay 2 actividades para hacer: ARTE CON M DE MULLER: http://ceeabarcia.blogspot.com/2020/05/arte-con-m-de-muller.html TRABALLANDO EN IGUALDADE: http://ceeabarcia.blogspot.com/2020/05/traballando-en-igualdade.html