No libro “A araña e máis eu” co que traballamos dentro do PDI “Así son eu” fala de varias froitas, entre elas o mando e a “papaya”. As aulas 5 e 7 xuntámonos para coñecer estas dúas froitas e están boísimas! (xa é a segunda vez que nos xuntamos, fai uns días para coñecer a “papaya” e hoxe tocou o mango). https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/05/conecemos-novas-froitas.html
Hoxe veu coordinador de “Mobilidade sostible e segura” para realizar un obradoiro de educación viaria. Primeiro tivemos unha pequena charla para recordar como temos que facer para ser peóns e peoas responsables e despois saímos ao patio onte tiñamos un circuíto para practicar o aprendido. Tamén veu un garda civil de tráfico coa súa moto e puidemos montar nela! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/05/educacion-viaria.html
Hoxe traballamos coa aula 7 a “Papaya” unha froita que aparece no libro “A araña máis eu” que estamos a traballar dentro do PDI “Así son eu”. Cando rematamos decidimos intentar xerminar as sementes de “papaya”. Canda un de nós tiñamos asignada unha función dentro do proceso de xerminación.
Mañá é o Día das Letras Galegas e como é festivo celebrámolo hoxe no cole. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega tíñanos preparados un montón de actividades para coñecer un pouquiño máis a vida e obra de Luísa Villalta (autora homenaxeada este ano).
Rematamos o noso cartel das Letras Galegas. Primeiro fixemos os debuxos, con un pouquiño de axuda... Depois pintamos os debuxos. Escribimos a nosa frase. Xogamos coas letras do abecedario galego. Queredes ver como nos quedou? Cando rematamos estivemos a coñecer un pouco a vida de Luisa Villalta.
Cos xornais xa usados de prensa escola fixemos un obradoiro de reciclaxe: 1- Cortar en anacos pequenos unhas follas de xornal. 2- Botamos auga quente e deixámolo repousar un pouquiño. 3- Trituramos todo co batedor eléctrico. 4- Collemos o molde de madeira e reixa, sumerxémola ata o fondo, escorremos a auga e botámolo nunha saba. E cada pouco removemos cunha culler. E a secar!
E como cada mércores o xornal chega á aula 5!. O primeiro que facemos é pagar o noso xornal. Despois sinalamos as noticias ou imaxes que máis nos chamen a atención e aquelas que están relacionados cos nosos paneis. Hoxe centrámonos nos peixes de auga doce (vai ser a Festa da troita). Utilizando os novos paneis dixitais elaboramos unha pequena presentación cos peixes de auga doce.
Hoxe recibimos no cole a visita do Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades don Román Rodríguez González e da Subdirectora Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa dona Inmaculada Fernández Teijeiro. Na súa visita pasaron pola nosa aula e falamos un anaquiño con eles.
A aula 3 invitounos a participar nun Obradoiro Sensorial relacionado coa Natureza e coa Primavera. Pasámolo xenial! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/05/obradoiro-sensorial-natureza-primavera.html
Co bo tempo a marea amarela volve colocarse os chalecos amarelos!. Volvemos a facer a milla diaria pola contorna do centro. Esta primeira saída tivo varias finalidades: Facer a Milla Diaria. Coñecer a contorna natural onde está o centro. Poñer en práctica os contidos de educación viaria traballados na aula. Recoller flores, xestas, fiúnchos... para a construción do Maio. https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/05/recollendo-flores-xestas-fiunchos.html
No xornal do día 26 viña o calendario de maio, así que colocamos o noso calendario e eliximos aqueles días que nos parecían máis interesantes. Sabiades que un 7 de maio estreouse a novena sinfonía de Beethoven? E aquí vos deixamos os nosos cadros favoritos de Van Gogh!
Nos paneis dixitais interactivos estivemos a practicar como ser persoas responsables coa Natureza! Estas son as actividades que realizamos! https://ecokids.net/es/recuperemos-el-bosque/ https://wordwall.net/es/resource/3344086/que-hay-en-el-bosque-y-en-la-ciudad https://www.liveworksheets.com/es/w/gl/conecemento-do-medio/7682484 https://play.google.com/store/apps/details?id=com.YovoGames.Defender