Publicacións

ESCOITAMOS O OUTONO

Imaxe
 Que credes que é? As estacións do ano podémolas percibir polos sentidos. Hoxe escoitamos o Outono na aula.

PLANTAS AROMÁTICAS

Imaxe
Fai uns días trouxemos á aula unhas ramiñas das plantas aromáticas que temos no patio do cole. Deixámolas secar un pouquiño e o venres estivemos traballando o noso olfacto. 

PACO CANSADO. MASCOTA "BO CAMIÑO" CEE A BARCIA

Imaxe
O alumnado que pola tarde está co grupo de mestres/as creou a través dunha actividade conxunta a "Paco Cansado", a mascota oficial do cole para a actividade "Bo Camiño". Na aula 5 fixemos un mural con el. E así é como o fixemos!

CUNCHIÑA

Imaxe
 Presentámosvos a Cunchiña, a mascota do "Xacobeo 2021/22". E así traballamos para facer este mural.

ELMER DE OUTONO

Imaxe
A Biblioteca Escolar propúxonos a seguinte actividade: facer un personaxe de conto con elementos propios do Outono. E na aula 5 eliximos a Elmer.  Pintamos follas do Outono con diferentes cores e despois rompémolas en anaquiños.  E aquí está o noso Elmer de Outono:

PRENSA ESCOLA: 24 DE NOVEMBRO

Imaxe
Cada mércores, na aula 5 traballamos co Xornal "La Voz de Galicia". Os nosos paneis van crecendo coas noticias que imos atopando!

PLANTAS AROMÁTICAS

Imaxe
O curso pasado, o 2º nivel do cole, plantou diferentes plantas aromáticas (menta, ourego...). Recollemos unhas pouquiñas para ulilas e saber se nos gusta ese cheiro ou non (cada neno/a coa súa planta). E por suposto que nos encantou como cheiran!!