Encántanos a festa e, por suposto, o entroido ! Como non podía ser menos, levamos varios días celebrándoo. Fixemos antefaces para ver de diferentes cores, participamos nun desfile-baile no centro, disfrazámonos... Non tivemos tempo de aburrirnos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos e do guapos e guapas que iamos. Viva o entroido!
O 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro , en conmemoración do seu aniversario. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole preparou esta marabillosa exposición en luz negra dedicada a ela, na que desfrutamos observando, buscando, escoitando, tocando, cantando... Pasamos un ratiño moi emocionante! Parabéns Rosalía!
Na aula 5 sabemos que para obter unha boa colleita é imprescindible dedicarlle tempo ao coidado do invernadoiro . Hoxe sacamos unhas cantas malas herbas e regamos.
Vaia sorpresa nos levamos esta mañá! Durante a fin de semana as nosas pequeniñas caléndulas xerminaron e apareceron os primeiros brotes. Ademais de regalas, analizamos as partes que observamos e o ciclo das plantas. Seguiremos coidándoas con agarimo agardando que se “fagan maiores”.
Por fin regresaron os nosos amigos de catro patas. Estes peludiños tan bos acompañáronnos esta mañá no cole. Déronnos algún que outro bico e puidemos pasealos. Xa estamos ansiosos de que volvan visitarnos. Prontiño será...
Fai uns días recibimos uns dados xigantes chulísimos! Con eles facemos xogos de conteo de todo tipo: recollemos patacas, cortamos as follas, pescamos peixiños...