Hoxe tiñamos outra sorpresa na aula! Comezamos o PDI da Biblioteca: ASÍ SON EU! Buscamos os nomes da aula 5 na nube de palabras (están tódolos nomes do cole!).
Tras uns días de moita festa, toca seguir traballando. Hoxe retomamos a creación de vídeos de educación viaria utilizando o "Stop motion". Sabedes cruzar a estrada como peóns e peoas responsables? Así fixemos os vídeos!
Ao longo deste trimestre traballamos a Primavera. Unha estación chea de cores, cheiros, cambios no tempo... e que esta a chegar ao seu fin. Unha das actividades que realizamos consistiu en buscar flores polo patio e sacarlle unha foto. Despois na aula pegámolas nunha cartolina e pintamos as flores coas súas cores.