Publicacións

CALDEIRO DE BRUXA

Imaxe
Coa aula 7 estivemos a traballar a cabaza. Comentamos as súas características (forma, cor, tamaño...) e despois baleirámola. E para rematar fixemos un caldeiro de bruxa, botamos cousas noxentas nela... terra, pintura, arroz...

MES DE NOVEMBRO

Imaxe
Con cada mes que empeza, facemos o calendario!

PREPARANDO O SAMAÍN

Imaxe
A aula 5 estivemos a practicar algúns dos posibles experimentos da celebración do Samaín... algún é un pouco noxento. XELATINA XOGAMOS COA ESPUMA DE AFEITAR PINTURA CON RELEVO FIXEMOS SLIME

PINTAMOS ARROZ

Imaxe
Na aula 5 estivemos a pintar arroz para facer unha das caixas sensoriais que usaremos na celebración so Samaín!

PERIGO, PERIGO... A TRANSPLANTAR

Imaxe
Xa acenderon a calefacción do cole, as nosas plantas corren perigo.  Tivemos que transplantar as nosas plantas xa que a calefacción non lle senta moi ben... agora témolas en macetas na entrada da aula. 

QUEN O ADIVIÑA?

Imaxe
Seguimos a traballar na nosa creación coa aula 7, só vos diremos unhas cantas palabras: Soños, Samaín e Galicia.

QUE ESTAREMOS A FACER?

Imaxe
Non vos podemos contar moito sobre o que estamos a facer, só dicirvos que coidado cos soños!!! (Actividade realizada xunto coa aula 7)