Publicacións

MURAL "O QUE SOBRA". 1º TRIMESTRE

Imaxe
Aquí tedes o mural "O que sobra" do 1º Trimestre, realizado coa pintura que nos sobra das diferentes actividades que realizamos.

COIDAMOS AS PLANTAS

Imaxe
Cada día observamos as nosas plantas e coidámolas.

XOGAMOS COAS PALABRAS E IMAXES

Imaxe
Gústanos moitos as actividades en grupo. Hoxe realizamos un pequeno xogo de ler e buscar as imaxes.

PRENSA ESCUELA. 27 DE NOVEMBRO

Imaxe
Como cada mércores traballamos co xornal na aula, comentando aquelas noticias que nos chaman a atención ou que están relacionadas co traballo que realizado na aula.

RECICLAMOS NA AULA

Imaxe
Na aula realizamos dúas actividades de práctica de reciclaxe: Clasificamos imaxes en función do material e pegámolas no contedor amarelo ou azul. Clasificamos o lixo da aula e colocámolo no contedor amarelo ou azul.

RECICLAMOS PLÁSTICO!

Imaxe
Hoxe saímos a tirar plástico ao contedor que hai preto do centro. Un compañeiro da aula utiliza unha cadeira eléctrica. Como non hai rampla para acceder á beirarrúa tivo que ir pola estrada. Tal e como están deseñados os contedores, unha persoa en cadeira de rodas non podería tirar ela soa o material de reciclaxe (pola altura e o mecanismo para abrilos). 

A NOSA HORTA

Imaxe
Na entrada da aula temos o noso recuncho de xardinería "A nosa horta". Desde que comezamos o cole xerminamos melón, fabas, garavanzos e lentellas. Queredes ver como están as nosas plantas?